Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39215

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de prórroga da sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Mediante a Orde do 30 de xullo de 2015 (DOG do 12 de agosto) autorizouse a posta en marcha, con carácter experimental, dunha sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

O artigo 9 da devandita orde establece que o proxecto ten unha duración de dous cursos académicos, prorrogables en períodos de dous cursos académicos, logo do informe favorable do servizo de inspección educativa emitido tendo en conta a adecuación ás condicións e obxectivos indicados na súa posta en marcha e a permanencia das circunstancias que xustificaron a súa implantación.

Igualmente, na disposición derradeira primeira da citada orde autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ditar cantas normas se consideren oportunas para o seu desenvolvemento.

Emitidos os correspondentes informes favorables polos servizos de inspección educativa, de acordo co establecido no artigo 9 da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro. Prorrogar, por un período de dous anos, a sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música da Coruña, coa finalidade de favorecer a práctica do inglés entre o alumnado de dito centro.

Segundo. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa