Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 21 de xullo de 2017, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00769-O-2017 e oito máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación dos expedientes sancionadores número LU-00769-O-2017 e oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 21 de xullo de 2017

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-00769-O-2017

2778-DKX

Catalana de Transports de Vehicles, SCCL

F65602344

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

8.3.2017; 02.00.00; A-6; 529,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-01007-O-2017

4974-GHB

Expresse Pescado, S.L.

B54830500

A carencia, falla de datos esenciais, ocultación ou falla de conservación da documentación de control.

1.5.2017; 15.44.00; A-6; 474,0

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-01222-O-2017

7111FNZ

Catersa Santiago, S.L.

B70071261

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

27.5.2017; 10.56.00; A-6; 522

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-01268-O-2017

7921-DSY

Nerea Jiménez Jiménez

34277714D

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a mma total en vehículos con mma ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

28.5.2017; 08.48.00; LU-P-1611; 65,6

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

325 euros

LU-01280-O-2017

OR-2142-M

Crecalcons

B94124609

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

12.5.2017; 10.48.00; A-6; 496,0

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

LU-01340-O-2017

4507-JKF

José Manuel Garaboa Carrillo

44823703S

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a mma total en vehículos con mma ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 26 %.

5.6.2017; 11.36.00; A-6; 484,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.200 euros

LU-01377-O-2017

7119-FNZ

Catersa Santiago, S.L.

B70071261

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

6.6.2017; 17.19.00; N-634; 657,85

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-01400-O-2017

0149-GRS

Maderas Marcos Rodríguez, S.L.

B27456441

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

1.6.2017; 17.50.00; A-6; 550,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-01422-O-2017

7119FNZ

Catersa Santiago, S.L.

B70071261

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen pasar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

6.6.2017; 17.18.00; N-634; 657,85

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros