Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 6 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Fene e Cabanas (expediente IN407A 2017/096-1).

Expediente: IN407A 2017/096-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT EUM-701 Magalofes-Santa Cruz.

Concellos: Fene e Cabanas.

Características técnicas:

Tramo liña eléctrica de media tensión aérea EUM-701(entre apoios nº 122-5 e nº 122-9), a 15 kV, cunha lonxitude de 1,672 km, con orixe no apoio nº 122-5 proxectado que se intercalará na LMT EUM-701, que se situará ao lado da caseta do CT Magalofes (expediente 3.583), condutor tipo LA-56 mm2 , e final no apoio nº122-29 existente da LMT EUM-701, no tramo entre a derivada ao CT Santa Cruz (expediente 27.895) e o CT Salto (expediente 52.642).

Tramo liña eléctrica de media tensión aérea EUM-701 (entre apoios nº 122-20 e CT Fontenova proxectado), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,034 km, con orixe no apoio nº 122-20 que substitúe o existente da LMT EUM-701, onde está situado actualmente o CT Fontenova (expediente 22.322), que se vai retirar, condutor tipo LA-56 mm2, e final no novo CT intemperie Fontenova proxectado.

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,010 km, coa orixe no CT Magalofes (expediente 3.583), condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 1×95 mm2 Al, e final en conexión coa liña aérea proxectada que se vai realizar no apoio nº 122-5 proxectado que se intercalará na LMT EUM-701, que se situará ao lado da caseta do CT Magalofes.

Novo centro de transformación intemperie Fontenova, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

Desmontaxe do antigo CT Fontenova e de 24 metros de condutor RZ.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 6 de xullo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/096-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT EUM-701 Magalofes-Santa Cruz.

Concellos: Fene e Cabanas.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Afeccións de solo en
pleno dominio

Predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio nº

m2

3

Feal

Prado

José Ángel Arda García

½ 122-9

1.0

5

Feal

Labor

Manuel Arzá Quiroga

122-11

2.0

8

Fontenova

Prado

Mario Pita Jarel

122-18

2.0

9

Fontenova

Horta

Olegario Otero Pedreira

122-20 centro de tranformación

10.0