Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39554

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 148, do venres 4 de agosto de 2017, procédese a efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 36879, no artigo 31.1, onde di: «1. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde, deberán presentarse no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da orde. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo finaliza o último día do mes», debe dicir: «1. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde, deberán presentarse no prazo dun mes contados desde o día seguinte á publicación da orde. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo finaliza o último día do mes».

Na páxina 36906, no artigo 61.1 , onde di: «1. Xunto co formulario de solicitude, deberá anexarse a seguinte documentación, que nos casos recollidos no número 6 deste artigo, poderá ser identificada polo solicitante como información accesible de forma que a Secretaría Xeral de Emprego poderá acceder á dita documentación sen que sexa presentada pola entidade solicitante:», debe dicir «1. Xunto co formulario de solicitude, deberá anexarse a seguinte documentación:».

Na páxina 36914, no artigo 65.3 , onde di: «e pola Orde do 25 de agosto de 2016 de programas de cooperación en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro (DOG núm. 160, do 25 de agosto),», debe dicir: «e pola Orde do 5 de agosto de 2016 de programas de cooperación en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro (DOG núm. 160, do 25 de agosto),».

Na páxina 36957 (ANEXO V-A) na cuarta columna relativa á consulta de datos, onde di «REXISTRO DE PARELLAS DE FEITO DE GALICIA», debe dicir «CONSULTA CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE».

Na páxina 36958 (ANEXO V-B) na cuarta columna relativa á consulta de datos, onde di «REXISTRO DE PARELLAS DE FEITO DE GALICIA», debe dicir «CONSULTA CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE».