Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39556

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 7 de agosto de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 9 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga) e se aproba a súa convocatoria para o ano 2017.

A Orde do 9 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga) e se aproba a súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 96, do 22 de maio), determina no seu artigo 2.2 que os créditos da orde poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En consecuencia, como existen dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins como consecuencia de créditos incorporados, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados a financiar esta orde, coa finalidade de facela chegar ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro do Programa de fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais, regulado na Orde do 9 de maio de 2017, con créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da mesma aplicación e proxecto que o crédito inicial.

Aplicación

Código de proxecto

Crédito

Inicial

09.40.322C.460.3

2015 00 532

5.698.398,00 €

Ampliación

09.40.322C.460.3

2015 00 532

2.683.122,49 €

Total orde

8.381.520,49 €

Artigo 2

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria