Con data do 11 de xullo de 2017, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2015306AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Coruña á entidade mercantil Fruterías Alberti e Hijos, S.L.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase á entidade mercantil Fruterías Alberti e Hijos, S.L. o contido da resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico-Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela e obter, se for o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2017
Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública
ANEXO
Número de expediente: 2015306AL-CO.
Interesada: Fruterías Alberti e Hijos, S.L.
Documento de identificación: B70450986.
Último enderezo coñecido: rúa Entrepeñas, 29, baixo, 15010 A Coruña.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Tipificación: grave.
Resolución: inadmisión do recurso.
Sanción imposta: 5.301,00 euros.