1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Consellería de Política Social.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.
2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
3º. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 69 87.
4º. Fax: 981 54 56 63.
5º. Correo electrónico: xestion.politicasocial@xunta.gal
6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es
7º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.
d) Número de expediente: PA 43/2017.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: xestión de servizos públicos.
b) Descrición: reserva e ocupación de prazas de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas no concello de Vilalba.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Lugar de execución/entrega: centros de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas no concello de Vilalba.
e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2018.
f) Admisión de prórroga: si.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 85310000 servizos de asistencia social.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: ver cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).
4. Valor estimado do contrato: trescentos oitenta e tres mil trece euros con corenta céntimos (383.013,40 €).
5. Orzamento:
a) Orzamento base de licitación: setenta e tres mil corenta e cinco euros con vinte e oito céntimos (73.045,28 €), ao que se lle engaden catro mil cento catorce euros con oitenta e oito céntimos (4.114,88 €) que corresponden ao IVE, polo que o importe total do expediente de gasto é de setenta e sete mil cento sesenta euros con dezaseis céntimos (77.160,16 €).
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non.
b) Definitiva: 5% do orzamento base de licitación do contrato, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.4.7 do PCAP.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.
c) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición:
Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación xeral.
Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.
Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres A, B e C.
10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia, que serán por conta do adxudicatario.
11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=187767
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2017
O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social