En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.
c) Número de expedientes: 1.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
2. Obxecto da contratación:
a) Tipo de contrato: servizo.
b) Descrición do obxecto: restauración, limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa e do servizo de restauración, incluíndo limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Islas Cíes en Vigo, campamento xuvenil Isla de Ons en Bueu e campamento xuvenil Pontemaril en Forcarei.
c) CPV: 55243000-5.
d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 74, do 18 de abril de 2017.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.
4. Orzamento base de licitación:
Orzamento: 241.999,13 €. IVE (10 %): 24.199,91 €. Total 266.199,04 €.
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 23 de maio de 2017.
b) Data de formalización do contrato: 16 de xuño de 2017.
c) Adxudicatario: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L.
d) Nacionalidade: española.
e) Importe de adxudicación: 239.242,29 €, IVE (10 %): 23.924,23 €, total 263.166,52 €, para o verán de 2017 (desde o 22 de xuño ata o 12 de setembro).
f) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no PCAP.
Vigo, 31 de xullo de 2017
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo