Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40402

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1051/2017).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1051/2017 desta sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Condado de Zeus, S.L., Ozete Ribeiro Pereiro, María Flor Alonso Barroso, Avelina Encarnación Batista, Mary Imade e Rosimar dos Santos Oliveira sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos

Que considerando o recurso de suplicación formulado polo letrado da Administración da Seguridade Social, na representación que ostenta da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, contra a sentenza de data vinte e un de outubro de dous mil dezaseis, ditada polo Xulgado do Social número un dos de Ourense, en autos seguidos por instancia da recorrente, fronte á empresa Condado Zeus, S.L.U., Ozete Ribeiro Pereiro, María Flor Alonso Barroso, Avelina Encarnación Batista, Mary Imade e Rosimar dos Santos Oliveira, sobre procedemento de oficio, debemos declarar e declaramos a nulidade da citada sentenza e ordenamos devolver as actuacións ao xulgado de procedencia, co fin de que, polo xuíz a quo e con total liberdade de criterio, se dite nova sentenza na que entre a coñecer sobre o fondo do asunto.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ozete Ribeiro Pereiro, María Flor Alonso Barroso, Mary Imade, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza