Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40399

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

ACORDO do 1 de agosto de 2017, da Mesa do Parlamento, polo que se aproba a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de xefe/a técnico/a de apoio á Presidencia do Parlamento de Galicia.

Ao abeiro do establecido no artigo 29 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, a Mesa do Parlamento, na súa reunión do 1 de agosto de 2017, acordou a aprobación da convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de xefe/a técnico/a de apoio á Presidencia do Parlamento de Galicia, conforme as seguintes bases:

Primeira. Apróbase a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo de xefe/a técnico/a de apoio á Presidencia da relación de postos de traballo do persoal da Administración do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 151, do 24 de xullo de 2017).

As características dos postos son as seguintes:

1. Grupo de titulación: B ou C.

2. Nivel de complemento de destino: 25.

3. Complemento específico: 25.638,20 €.

4. Centro directivo: Presidencia.

Segunda. Poderá concorrer á convocatoria o persoal funcionario de carreira da Administración do Parlamento de Galicia dos corpos de xestión ou administrativo do Parlamento de Galicia, pertencentes aos grupos B ou C.

Terceira. O persoal funcionario do Parlamento de Galicia interesado poderá presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia, rúa do Hórreo, nº 63, en Santiago de Compostela, no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. Nelas deixará constancia dos datos do posto que viñese desempeñando e dos méritos que desexe alegar. Para facilitar a súa participación invítase a formalizar a petición de acordo co modelo que se inclúe no anexo 1.

Os/as aspirantes deberán achegar á súa petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos alegados.

Cuarta. A resolución desta convocatoria farase pública no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, e poderá declararse que non procede a cobertura dos postos de traballo, ou dalgún deles, se se considera oportuno.

Quinta. O prazo de toma de posesión das persoas seleccionadas será de tres días hábiles, ou dun mes se comporta o reingreso no servizo activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse desde o día seguinte ao do seu cesamento, se for o caso, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia da resolución da libre designación.

Se a resolución comporta o reingreso no servizo activo, o prazo de toma de posesión comezará a contarse desde a data seguinte á da publicación daquela.

Sexta. Contra o acordo polo que se aproba esta convocatoria, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición perante a Mesa do Parlamento no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. De non formularse recurso de reposición ou contra a súa resolución expresa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte do desta publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia ou da notificación expresa que resolva a vía administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2017

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia

missing image file