Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40372

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

ACORDO do 1 de agosto de 2017, da Mesa do Parlamento, polo que se convoca concurso para a provisión dos postos de técnico/a de asistencia parlamentaria, técnico/a superior de réxime interior e técnico/a de publicacións, e polo que se aproban as súas bases reguladoras.

De conformidade coas medidas de planificación dos recursos humanos para o ano 2017 adoptadas pola Mesa do Parlamento de Galicia, conforme o Acordo da Mesa de negociación do 3 de xullo de 2017, entre as cales se inclúe a creación de tres postos de traballo de técnicos do grupo A nos servizos de Persoal e Réxime Interior, de Asistencia Parlamentaria e de Publicacións, cómpre convocar estes postos vacantes mediante concurso de méritos, ao abeiro do disposto nos artigos 30.1.2 e 60.3 do Regulamento do Parlamento de Galicia, e 16 e 28 do seu Estatuto de persoal.

O artigo 28 do Estatuto de persoal establece que o sistema ordinario de provisión de postos de traballo será o concurso, que, de ser o caso, terá carácter anual, e no cal serán tidos en conta os méritos exixidos na correspondente convocatoria, entre os cales constarán o grao persoal, a antigüidade, o traballo desenvolvido en anteriores postos e a formación relativa ao contido dos postos que se van cubrir, como mínimo.

As necesidades de regularizar e dar carácter definitivo á situación de adscrición provisional de postos, por persoal funcionario da Administración do Parlamento que cese nun posto de traballo e que quede ao dispor da Presidencia da Cámara, obriga este persoal a concorrer aos concursos que no seu día se convoquen para prover prazas creadas de conformidade co disposto no artigo 30 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia e na disposición adicional cuarta do Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia.

A Mesa do Parlamento de Galicia, existindo na relación de postos de traballo vacantes dotadas orzamentariamente e cuxa provisión se considera necesaria, resolve convocar concurso de méritos para a provisión dos postos que se especifican no anexo 1 e aprobar as seguintes bases polas cales se rexerá.

Bases

Primeira. Requisitos dos aspirantes

1. Requisitos xerais.

Para participar neste concurso, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Pertencer como funcionario/a de carreira ao corpo superior do Parlamento de Galicia (grupo A).

b) Non exceder a idade de xubilación forzosa.

c) Non padecer enfermidade ou discapacidade que impida o desempeño das correspondentes funcións.

d) Non ter sido obxecto dunha separación de servizo de calquera Administración pública mediante expediente disciplinario nin dunha inhabilitación con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.

2. Están obrigados a participar neste concurso:

Os/as funcionarios/as do corpo superior do Parlamento de Galicia que estean nun posto de traballo en situación de adscrición provisional á disposición do presidente da Cámara.

O incumprimento da obriga de participar no termos establecidos na alínea anterior determinará a declaración na situación de excedencia voluntaria por interese particular, de conformidade co disposto na disposición derradeira segunda do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia e no artigo 171.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

3. Concorrencia.

Os requisitos establecidos no punto 1.1 deberán cumprirse no último día de prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento de toma de posesión da praza resultante deste proceso selectivo.

Segunda. Postos ofertados

1. As persoas interesadas poderán solicitar por orde de preferencia os postos relacionados no anexo 1, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

2. As persoas interesadas en participar na convocatoria deberán posuír os requisitos da base primeira e mais os exixidos para desempeñar a vacante á cal pretenden acceder.

Terceira. Solicitudes

1. Forma.

Quen desexe tomar parte neste concurso deberá formular a súa solicitude segundo o modelo do anexo 2, que tamén estará dispoñible na páxina web do Parlamento de Galicia. Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa dos méritos alegados para o dito concurso.

b) Declaración de non atoparse separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública nin inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas, e de non padecer enfermidade ou discapacidade que impida o desempeño das correspondentes funcións (anexo 3).

2. Destinatario, prazo e lugar de presentación.

As solicitudes dirixiranse á Presidencia do Parlamento de Galicia. O prazo de presentación será de vinte días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia, situado na rúa do Hórreo, en Santiago de Compostela, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarta. Admisión de aspirantes

Relación de admitidos/as e excluídos/as.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Presidencia ditará unha resolución na cal se declarará aprobada a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación dos apelidos, o nome e o número de documento nacional de identidade, xunto coa motivación da exclusión, de ser o caso. Esta resolución publicarase no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.es).

Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. Para tal efecto, a estimación ou a desestimación destas peticións de emenda entenderanse implícitas na resolución pola cal se determine a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

Transcorrido este prazo, a Presidencia ditará a resolución definitiva, contra a cal se poderá interpor recurso potestativo de reposición ante este órgano no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, ou poderá interporse directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A resolución definitiva será obxecto da mesma publicidade que a provisional.

Quinta. Comisión de valoración

1. Composición.

A comisión de valoración será designada pola Presidencia da Cámara de acordo coa normativa reguladora da función pública aplicable nesta materia e non poderá estar composta maioritariamente por persoal do corpo ou escala de que se trate. Ningunha persoa integrante terá titulación inferior á exixida para a admisión ás probas. Na súa composición debe atenderse aos principios de imparcialidade e profesionalidade e ao disposto na normativa para a igualdade de mulleres e homes.

2. Abstención e recusación.

Os membros do tribunal deberán absterse ou poderán ser recusados por calquera interesado/a, e particularmente polos/as aspirantes, cando concorra algún dos supostos previstos nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Cando se produza esta situación e, consecuentemente, a vacante dun membro do tribunal titular, o seu suplente cubrirá este posto e a Presidencia designará un novo suplente.

A presidenta ou o presidente, na sesión de constitución do tribunal, solicitará dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontraren incursos nas circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou na prevista nestas bases.

3. Constitución e actuación.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de polo menos tres dos seus membros.

As decisións adoptaranse por maioría dos presentes.

Por cada sesión do tribunal redactarase unha acta, coa sinatura do secretario ou secretaria e co visto e prace do presidente ou presidenta.

4. O tribunal non poderá en ningún caso aprobar nin declarar que superou o concurso un número superior de aspirantes ao da praza convocada. Será nula de pleno dereito calquera proposta de aprobados/as que o contraveña.

Sexta. Valoración de méritos

1. A valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

a) Antigüidade, ata un máximo de 6 puntos:

1º. Por servizos prestados como funcionario/a de carreira do Parlamento de Galicia no mesmo grupo da praza á cal opta: 0,05 puntos/mes. Para estes efectos, considéranse servizos prestados o tempo de gozo da excedencia para o coidado de fillos/as e familiares. No caso de servizos prestados en grupos inferiores, a puntuación por mes será de dúas milésimas menos por cada grupo en que prestase servizos.

2º. Por servizos prestados como funcionario/a de carreira doutras administracións públicas no mesmo grupo da praza: 0,04 puntos/mes. Para estes efectos, considéranse servizos prestados o tempo de gozo da excedencia para o coidado de fillos/as e familiares. No caso de servizos prestados en grupos inferiores, a puntuación por mes será de dúas milésimas menos por cada grupo en que prestase servizos.

b) Traballo desenvolvido na Administración parlamentaria en anteriores postos, en materias relacionadas cos postos o que se opta, ata un máximo de 3 puntos: 0,010 puntos/mes.

c) Grao persoal consolidado, ata un máximo de 4 puntos, do seguinte xeito:

– Nivel 20: 2 puntos.

– Por cada unidade máis: 0,20 puntos.

d) Formación, ata un máximo de 2,5 puntos:

Pola realización de cursos de formación impartidos por escolas oficiais de formación das comunidades autónomas, universidades, administracións públicas ou por outras entidades, sempre que neste último caso os cursos conten cunha homologación oficial.

Para estes efectos valoraranse os cursos realizados sobre procedemento administrativo, arquivo, atención ao cidadán, seguranza e saúde laboral, contratación administrativa, xestión administrativa, persoal, igualdade, dereito sancionador, responsabilidade patrimonial, linguaxe administrativa, informática, idiomas oficiais da Unión Europea e calquera outra materia relacionada coas funcións propias deste tipo de postos de traballo.

A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

– Por cada curso igual ou superior a 12 horas lectivas e ata 39 horas lectivas: 0,30 puntos por curso.

– Por cada curso igual ou superior a 40 horas lectivas e ata 74 horas lectivas: 0,50 puntos por curso.

– Por cada curso igual ou superior a 75 horas lectivas: 1 punto por curso.

Non se valorarán os cursos que non acrediten as horas de duración, os cursos inferiores a 12 horas lectivas nin os diplomas relativos a xornadas, seminarios, simposios e similares.

e) Exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ata un máximo de 0,5 puntos:

– Licenza de maternidade: 0,20 puntos/licenza.

– Permiso de paternidade: 0,20 puntos/permiso.

– Redución de xornada prevista no artigo 59.1.f) do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia: 0,20 puntos. Para estes efectos, só se computará unha redución por ano.

– Excedencia para coidado de fillos/as e familiares: 0,04 puntos/mes.

f) Tempo de permanencia nun posto de adscrición provisional á disposición do presidente do Parlamento de Galicia: 0,06 puntos/mes, ata un máximo de 5. Para estes efectos, considéranse servizos prestados o tempo de gozo da excedencia por coidado de fillos/as e familiares.

2. A experiencia alegada nos puntos anteriores deberase referir á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3. As puntuacións obtidas no concurso faranse públicas no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia.

Os/as aspirantes dispoñerán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, para efectuaren ante o tribunal as alegacións que coiden oportunas respecto da puntuación outorgada na fase de concurso.

4. Os méritos a que se refiren os puntos anteriores deberán manifestarse na solicitude e acreditarse coa seguinte documentación:

a) No caso de servizos prestados no Parlamento de Galicia e do tempo de permanencia nun posto de adscrición provisional, mediante certificación da unidade administrativa do Parlamento de Galicia competente en materia de recursos humanos.

b) No caso de servizos prestados noutras administracións públicas, mediante certificación da unidade de persoal do organismo correspondente. No suposto de que tales servizos xa consten na Administración parlamentaria, poderán acreditarse coa certificación da unidade administrativa do Parlamento de Galicia competente en materia de recursos humanos.

Os méritos a que se refire o punto 6.1.b) deberán manifestarse e acreditarse mediante certificación expedida pola xefatura da unidade administrativa correspondente.

Os méritos a que se refiren os puntos 6.1.e) e 6.1.f) deberán manifestarse na solicitude e acreditaranse mediante certificación expedida pola unidade administrativa competente en materia de recursos humanos do Parlamento de Galicia.

Toda a documentación presentada deberá ser en orixinal ou copia compulsada.

Sétima. Lista do resultado da valoración de méritos

O tribunal sumará os resultados obtidos por cada aspirante no concurso, o que será publicado no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, e elevaralle á Mesa do Parlamento proposta en favor do/da aspirante que obtivese a maior puntuación.

No suposto de empate nas puntuacións de dous/dúas ou máis aspirantes, aquel resolverase a favor do/da aspirante que obtivese a puntuación máis alta do punto 6.1.b). De continuar o empate, resolverase acudindo á puntuación obtida no punto 6.1.a).

Oitava. Presentación de documentos

1. O/a aspirante que superase o proceso de concurso deberá presentar a documentación ante a Presidencia do Parlamento, no prazo de vinte días naturais desde que se faga público o acordo de aprobación por parte da Mesa do Parlamento de Galicia.

2. Se dentro do prazo fixado, e agás os casos de forza maior libremente apreciados polo letrado oficial maior, non presenta a documentación ou do exame dela se deduce que carece dalgún dos requisitos sinalados na base segunda, non poderá tomar posesión e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorra por falsidade na solicitude inicial.

Novena. Nomeamento

Unha vez presentados os documentos a que fai referencia a base anterior, logo de transcorrer o prazo de presentación daqueles, a Presidencia nomeará o/a aspirante que superase o proceso de provisión para a titularidade do posto respectivo, que se publicará no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e no Diario Oficial de Galicia. Deberá prestar xuramento ou promesa de cumprir fielmente as obrigas do posto de traballo e cumprir e facer cumprir a Constitución e o Estatuto de autonomía de Galicia, e tomar posesión do seu posto dentro do prazo dun mes desde a notificación do nomeamento.

Décimo primeira. Cláusula derradeira

Contra esta convocatoria, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, potestativamente, recurso de reposición ante a Mesa do Parlamento de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Os actos administrativos que deriven desta convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2017

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia

ANEXO 1
Postos ofertados

SERVIZO DE ASISTENCIA PARLAMENTARIA

Código

Denominación

Forma de provisión

CD

CE

Grupo

Corpo

Escala

Admón.

Tipo de persoal

Situación posto

Requisitos específicos

para a súa provisión

Obs.

AP 103

Técnico/a superior de asistencia parlamentaria

C

25

18.221,51

A

Superior

____

APG

F

V

(1)

SERVIZO DE PUBLICACIÓNS

Código

Denominación

Forma de provisión

CD

CE

Grupo

Corpo

Escala

Admón.

Tipo de persoal

Situación posto

Requisitos específicos

para a súa provisión

Obs.

AP 105

Técnico/a de publicacións

C

25

18.221,51

A

Superior

Técnica de publicacións

APG

F

V

(1)

SERVIZO DE PERSOAL E RÉXIME INTERIOR

Código

Denominación

Forma de provisión

CD

CE

Grupo

Corpo

Escala

Admón.

Tipo de persoal

Situación posto

Requisitos específicos

para a súa provisión

Obs.

AP 106

Técnico/a superior de réxime interior

C

25

18.221,51

A

Superior

____

APG

F

V

(1)

ANEXO 2
Solicitude de admisión a proceso selectivo

Selo do Rexistro

CORPO SUPERIOR DO PARLAMENTO DE GALICIA

Datos persoais:

1º APELIDO

2º APELIDO

NOME

DNI

ENDEREZO (rúa, praza, número)

LOCALIDADE

CÓDIGO POSTAL

PROVINCIA

TELÉFONO 1

TELÉFONO 2

CORREO ELECTRÓNICO: (o/a aspirante acepta recibir as comunicacións a través deste medio):

DISCAPACIDADE (%):

ADAPTACIÓN:

Antigüidade:

DENOMINACIÓN POSTO

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

GRUPO

NIVEL

DESDE

ATA

Traballo desenvolvido na Administración parlamentaria en anteriores postos:

DENOMINACIÓN POSTO

UNIDADE ADMINISTRATIVA

GRUPO

NIVEL

DESDE

ATA

TIPO DE LICENZA, PERMISO, REDUCIÓN OU EXCEDENCIA

DESDE

ATA

Tempo de permanencia nun posto de adscrición provisional a disposición da Presidencia:

DATA DO CESE

Outros méritos que deban facerse constar de acordo coas bases da convocatoria:

…………………………………………………………………………………………………………………………….

…………………………………………………………………………………………………………………………….

…………………………………………………………………………………………………………………………….

Outros méritos que o/a candidato/a desexe facer constar:

.……………………………………………………………………………………………………………………..…….

…………………………………………………………………………………………………………………………….

…………………………………………………………………………………………………………………………….

Orde de preferencia dos postos relacionados no anexo 1:

DENOMINACIÓN

A persoa que asina SOLICITA ser admitida no proceso selectivo ao que fai referencia esta solicitude e DECLARA que son certos os datos consignados nela, que reúne as condicións exixidas para o ingreso no corpo superior do Parlamento de Galicia e as especialmente sinaladas na convocatoria e comprométese a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Santiago de Compostela, ............ de ................................de 2017

(Sinatura)

PRESIDENTE DO PARLAMENTO DE GALICIA

ANEXO 3
Declaración xurada ou promesa

D/Dª ……....…........………………......……......................…….....………………………….., con domicilio en ................................................................................................................., e documento nacional de identidade número………………………………………….

Declara baixo xuramento/promete, para os efectos de participar no concurso para a provisión do corpo superior do Parlamento de Galicia, que non foi separado do servizo de ningunha das administracións públicas e que non está inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Así mesmo, declara que son certos todos os datos achegados respecto deste proceso.

……………………………, ……..de ………………de 2017

Sinatura