Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2017 Páx. 40666

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de agosto de 2017 pola que se modifica a autorización do centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela.

A titular do centro privado (CPR) Santa Apolonia, do concello de Santiago de Compostela, solicita a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) Óptica de Anteollos, e a autorización para impartir o CS Hixiene Bucodental e o CS Ortoprótese e Produtos de Apoio, na modalidade semipresencial e/ou a distancia. Así mesmo, solicita a redución de 30 a 22 postos escolares do CS Laboratorio Clínico e Biomédico.

A Orde do 5 de novembro de 2010, publicada no Diario Oficial de Galicia do 11 de novembro de 2010, establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995, que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

1. Suprimir o ciclo formativo de grao superior (CS) Óptica de Anteollos e autorizar o CS Hixiene Bucodental e o CS Ortoprótese e Produtos de Apoio, na modalidade semipresencial e/ou a distancia, no centro docente privado cuxos datos se detallan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Santa Apolonia.

Código: 15025116.

Enderezo: A Poza Real, 5.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: María del Rosario Medina Gómez.

2. Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

Bacharelato: 2 unidades da modalidade de Ciencias e 2 unidades da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

Formación profesional:

a) Ciclos formativos de grao medio (CM), modalidade presencial:

• 1 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade para 30 alumnos/as).

• 1 CM Cociña e Gastronomía (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior, modalidade presencial:

• 1 CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Administración e Finanzas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Audioloxía Protésica (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Dietética (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Educación Infantil (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Hixiene Bucodental (4 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Laboratorio Clínico e Biomédico (2 unidades, 22 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Ortoprótese e Produtos de Apoio (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Próteses Dentais (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

c) Modalidade a distancia e/ou semipresencial:

• 1 CS Audioloxía Protésica.

• 1 CS Hixiene Bucodental.

• 1 CS Ortopróteses e Produtos de Apoio.

Educación para persoas adultas, modalidade presencial, en quenda de tarde-noite:

– Educación secundaria para persoas adultas: nivel I e II.

– Bacharelato: modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.

Artigo 2. Ordenación académica

1. Ás ensinanzas autorizadas no artigo 1.1 desta orde aplicaráselles, en canto sexa axeitado á súa natureza, o previsto na Orde de 5 de novembro de 2010 pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial.

2. O desenvolvemento dos módulos profesionais organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva, que serán atendidas directamente polo profesorado de cada módulo. A titoría individual realizarase preferentemente de xeito telemático; a colectiva terá carácter presencial, coa intervención directa do profesorado, nas instalacións do centro docente.

A asistencia ás titorías presenciais nas instalacións do centro educativo terá carácter voluntario para o alumnado.

3. Ao longo do período lectivo correspondente, o profesorado de cada módulo profesional realizará un seguimento do desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe, utilizando para iso os instrumentos e os procedementos de recollida de información previamente establecidos na programación dos módulos, que deberán ser coñecidos polo alumnado.

A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua a través das actividades que se programen e harmonizarase con probas presenciais teórico-prácticas para cada avaliación parcial, de carácter obrigatorio para o alumnado, e axustadas aos resultados de aprendizaxe e aos criterios de avaliación dos currículos dos módulos profesionais. Ao finalizar o desenvolvemento de cada módulo realizarase unha proba presencial final de carácter global. Esta proba terá que realizala o alumnado que non supere o módulo mediante as probas presenciais parciais que se realicen ao longo do curso.

4. O profesorado que imparta nas modalidades de distancia e semipresencial disporá das competencias necesarias para o manexo da plataforma de formación a distancia e para realizar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

Artigo 3. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 4. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deba modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria