Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2017 Páx. 40661

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de agosto de 2017 pola que se autoriza o centro privado Liceo La Paz, da Coruña, para impartir ensinanzas de formación profesional na modalidade semipresencial e/ou a distancia.

A titularidade do centro privado Liceo La Paz, da Coruña, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Sistemas Microinformáticos e Redes, o ciclo formativo de grao superior (CS) Administración e Finanzas, o CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede, o CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e o CS Desenvolvemento de Aplicacións Web, na modalidade semipresencial e a distancia.

A Orde do 5 de novembro de 2010, publicada no Diario Oficial de Galicia do 11 de novembro de 2010, establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995, que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

1. Autorizar o ciclo formativo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, o ciclo formativo de grao superior (CS) Administración e Finanzas, o CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede, o CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e o CS Desenvolvemento de Aplicacións Web, na modalidade semipresencial e/ou a distancia, no centro docente privado cuxos datos se detallan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Liceo La Paz.

Código: 15004265.

Enderezo: Sebastián Martínez Risco, 12.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titulares: Carlos Pérez Roca e Antonio Pintor Vidal.

2. Composición resultante:

Educación infantil: 15 unidades.

Educación primaria: 30 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

Bacharelato:

• 8 unidades das modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.

• 4 unidades da modalidade de Artes: vía artes escénicas, música e danza e vía de artes plásticas, imaxe e deseño.

Formación profesional:

a) Ciclos formativos de grao medio (CM), modalidade presencial:

• 1 CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 2 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Condución de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural (1 unidade para 20 alumnos/as).

• 1 CM Emerxencias Sanitarias (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CM Sistemas Microinformáticos e Redes (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CM Xestión Administrativa (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior (CS), modalidade presencial:

• 2 CS Administración e Finanzas (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Dietética (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Documentación e Administración Sanitarias (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Educación Infantil (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Transporte e Loxística (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

c) Ciclos formativos na modalidade semipresencial e/ou a distancia:

• CM Sistemas Microinformáticos e Redes.

• CS Administración e Finanzas.

• CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede.

• CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.

• CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.

Ensinanzas para persoas adultas en quenda de tarde-noite:

• Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

• Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.

Artigo 2. Ordenación académica

1. Ás ensinanzas autorizadas no artigo 1.1 desta orde aplicaráselles, en canto sexa axeitado á súa natureza, o previsto na Orde do 5 de novembro de 2010 pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial.

2. O desenvolvemento dos módulos profesionais organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva, que serán atendidas directamente polo profesorado de cada módulo. A titoría individual realizarase preferentemente de xeito telemático; a colectiva terá carácter presencial, coa intervención directa do profesorado, nas instalacións do centro docente.

A asistencia ás titorías presenciais nas instalacións do centro educativo terá carácter voluntario para o alumnado.

3. Ao longo do período lectivo correspondente, o profesorado de cada módulo profesional realizará un seguimento do desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe, utilizando para iso os instrumentos e os procedementos de recollida de información previamente establecidos na programación dos módulos, que deberán ser coñecidos polo alumnado.

A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua a través das actividades que se programen e harmonizarase con probas presenciais teórico-prácticas para cada avaliación parcial, de carácter obrigatorio para o alumnado, e axustadas aos resultados de aprendizaxe e aos criterios de avaliación dos currículos dos módulos profesionais. Ao finalizar o desenvolvemento de cada módulo realizarase unha proba presencial final de carácter global. Esta proba terá que realizala o alumnado que non supere o módulo mediante as probas presenciais parciais que se realicen ao longo do curso.

4. O profesorado que imparta nas modalidades de distancia e semipresencial disporá das competencias necesarias para o manexo da plataforma de formación a distancia e para realizar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

Artigo 3. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 4. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deba modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria