Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2017 Páx. 40710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2016/668-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Título: LMTS, CTC Areas Praia II.

Situación: Sanxenxo.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 483 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación existente Areas Praia e final no centro de transformación proxectado Areas Praia II. Centro de transformación de 250 kVA, r.t. 20 kV/400-230 V, situado en Areas, Dorrón, Sanxenxo.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 9 de xañeiro de 2017, no BOP de 20 de xaneiro de 2017, no xornal Faro de Vigo do 13 de xaneiro de 2017 e no taboleiro de anuncios do concello de Sanxenxo. Tamén se notificou individualmente ao titular do predio afectado pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria.

Respecto das alegacións presentadas o 10 de febreiro de 2017 por María Belén Eudosia Alicia Cabo Somoza, en relación coa autorización e declaración de utilidade pública da instalación LMTS CTC Areas Praia II (Sanxenxo), contestadas por Unión Fenosa Distribución, S.A., o 17 de marzo de 2017, os servizos técnicos da xefatura territorial emiten informe, logo de comprobación material sobre o terreo realizada o 31 de maio de 2017, concluíndo que, examinadas tanto as alegacións presentadas por María Belén Eudosia Alicia Cabo Somoza como as respostas dadas por Unión Fenosa Distribución, S.A., procede a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica proxectada para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento, requirindo previamente a Unión Fenosa Distribución, S.A. que xustifique o diferente orzamento entre o presentado ante a xefatura territorial para a obtención da autorización e o remitido ao Concello de Sanxenxo e que presente á escala adecuada o centro de transformación no plano nº 7 do proxecto. Unión Fenosa Distribución, S.A. da contestación ao requirido mediante documento presentado o 21 de xullo de 2017.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economia e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 del Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, de 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 1 de agosto de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra