Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2017 Páx. 40837

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2017 pola que se convoca o curso monográfico Modelos de comunicación cos residentes: como comunicarse cos residentes con demencias.

Conforme os fins que lle asigna á Escola Galega de Administración Pública a normativa que a regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo),

RESOLVO:

Convocar o curso monográfico Modelos de comunicación cos residentes: como comunicarse cos residentes con demencias, de acordo coas bases que se indican a continuación:

1. Obxectivos:

O principal obxectivo do curso é favorecer o desenvolvemento de estratexias de comunicación efectiva e afectiva, promovendo unha intervención comunicativa eficaz coas persoas con demencias, a través da integración das técnicas de comunicación emocional.

2. Contidos:

Neste curso monográfico trataranse, entre outros, os seguintes temas:

• Conceptos xerais.

• Estilos de comunicación.

• Modelos de comunicación.

• Pautas de comunicación cos residentes con demencias.

3. Destinatarios:

O curso diríxese ao persoal empregado público das administracións públicas galegas, en situación de servizo activo ou asimilada, que se dedique á atención a persoas maiores ou persoas con discapacidade dependentes, tanto en centros prestadores de servizos sociais coma en servizos de atención domiciliaria.

4. Desenvolvemento:

Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Datas: 25, 26, 27 e 28 de setembro de 2017.

Horario: de tarde.

Duración: 15 horas lectivas.

5. Número de prazas: 35.

6. Inscrición:

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/).

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 18 de setembro de 2017.

Todos/as os/as solicitantes deberán enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, achegando un certificado acreditativo da súa condición de persoal empregado público dedicado á atención a persoas maiores ou persoas con discapacidade dependentes. Esta certificación será expedida pola persoa que realice as tarefas de certificación da Administración en que preste os seus servizos.

Serán excluídas aquelas solicitudes que non acheguen a devandita certificación ou que sexa recibida con posterioridade ao último día habilitado para a inscrición, isto é, 18 de setembro de 2017.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

7. Criterios de admisión:

A orde de admisión virá determinada pola data de presentación das solicitudes entre as persoas que acrediten cumprir os requisitos establecidos no punto 3.

8. Publicación da listaxe de persoas seleccionadas e prazo de presentación de alegacións:

8.1. Na epígrafe deste curso da páxina web da EGAP (http://egap.xunta.gal/) publicarase a listaxe de persoas seleccionadas, así como tamén un número adecuado de reservas no caso de que o número de solicitudes recibidas sexa superior ao número de prazas.

O prazo de presentación de alegacións será de dous días naturais contados desde a súa publicación.

8.2. Transcorrido o prazo de alegacións, publicarase na epígrafe deste curso da páxina web da EGAP (http://egap.xunta.gal/) a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

9. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia:

9.1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

9.2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

• Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

• Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

• Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia deberá ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao comezo da actividade formativa. Na páxina web da Escola estará dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto, poderá utilizarse, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico novas.egap@xunta.gal

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

9.3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

c.1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o especificado anteriormente perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

c.2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

10. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento deste curso, así como a facultade de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización.

11. Certificado electrónico de asistencia:

Ao final do curso expedirase un certificado electrónico de asistencia, descargable desde a área de matrícula (https://egap.xunta.gal/matricula), a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Este documento estará asinado electronicamente pola EGAP e incluirá, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data e o lugar de realización do curso, así como un código de verificación electrónica (CVE) para contrastar a súa autenticidade.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2017

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública