Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de agosto de 2017 para facer pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito: Roxos-Aldea Nova, punto quilométrico 4+150 ao 5+040 (clave AC/16/086.06).

Con data do 28 de xullo de 2017, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 27 de marzo de 2017 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito: Roxos-Aldea Nova, p.q. 4+150 ao 5+040, de clave: AC/16/086.06.

Segundo. Con data do 11 de abril de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 71) o Anuncio do 27 de marzo de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito: Roxos-Aldea Nova, p.q. 4+150 ao 5+040, de clave: AC/16/086.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Terceiro. Durante todo o trámite de información pública presentáronse certificados e informe, e procedeuse á súa valoración.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

De acordo con todo o exposto e tras os certificados e o informe presentados polos organismos oficiais competentes,

Resolvo:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito: Roxos-Aldea Nova, p.q. 4+150 ao 5+040, de clave: AC/16/086.06, mantendo o trazado proposto como definitivo.

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, de 28 de xuño, de estradas de Galicia, os concellos de Santiago de Compostela e Ames deberán adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no cal se establecerán as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas