Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41396

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1730/2015).

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación 1730/2015 -IS- desta sección, seguido por instancia de Securitas Seguridad España, S.A. contra María Trinidad Campos Rodríguez, Basilio Alonso Blanco, Rocío Berbés Amoedo, Enrique Giralda Larran, Juan José Vázquez Senra, José Manuel Iglesias Pérez, Javier Pablo Romero Falque, Jorge Cruz Romero, Raquel Expósito Míguez, Manuel Calviño Moledo, Fernando Darrosa Abal, José Manuel Martínez López, Jesús González Pérez, José Manuel González González, Antonio Escudero Feijóo, Pablo Currás García, María del Carmen Pena Morandeira, José Ángel Fariña Parada, Marcelino Chaves Castro, Juan Manuel Rivas Bouza, Daniel Velasco Teijeira sobre despedimento disciplinario, con data do 31 de maio de 2017, polo Tribunal Supremo foi ditada sentenza, cuxa decisión é do seguinte teor literal:

«Decido por todo o exposto, en nome do Rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu estimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto por Securitas Seguridad España S.A. contra a sentenza ditada o 29 de xullo de 2015 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en recurso de suplicación nº 1730/2015, interposto contra a sentenza de data do 26 de decembro de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo en autos número 319/2014, seguidos por instancia de José Manuel Iglesias Pérez contra Securitas Seguridad España, S.A. e 20 máis. En consecuencia, casamos e anulamos a citada sentenza e, resolvendo o debate suscitado en suplicación, desestimamos o recurso da dita clase interposto en suplicación, confirmando a sentenza do Xulgado do Social número 5 de Vigo do 26 de decembro de 2014. Sen custas».

Posteriormente, con data do 26 de xuño de 2017, polo citado Tribunal Supremo foi ditada auto de aclaración, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Parte dispositiva, a sala acorda: rectificar o texto da decisión da sentenza ditada no presente procedemento no sentido de que deberá indicar o seguinte: estimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto por Securitas Seguridad España, S.A. contra a sentenza ditada o 29 de xullo de 2015 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en recurso de suplicación nº 1730/2015, interposto contra a sentenza de data do 26 de decembro de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo en autos número 319/2014, seguidos por instancia de José Manuel Iglesias Pérez contra Securitas Seguridad España S.A. e 20 máis. En consecuencia, casamos e anulamos a citada sentenza e, resolvendo o debate suscitado en suplicación, e con revogación en parte da sentenza de instancia, estimamos en parte a demanda, declarando a improcedencia do despedimento do traballador e condenando a empresa demandada a que no prazo de cinco días contado desde a notificación da presente sentenza, opte pola inmediata readmisión deste con aboamento dos salarios deixados de percibir ou pola indemnización que resulte do artigo 56 ET, tendo en conta a antigüidade e salario fixados no primeiro dos feitos probados da sentenza. Sen custas. Acordamos a devolución dos depósitos dados para recorrer, debendo darse á consignación o destino fixado legalmente».

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non ningún cabe recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel Martínez López, Rocío Berbés Amoedo, Jesús González Pérez, José Manuel González González, Antonio Escudero Feijóo, Pablo Currás García, Mª del Carmen Pena Morandeira, José Ángel Fariña Parada, Marcelino Chaves Castro, Juan Manuel Rivas Bouza e Daniel Velasco Teijeira, todos eles en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 4 de agosto de 2017

A letrada da Administracion de xustiza