Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 4 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 28 de abril de 2017, pola que se acordaba a adxudicación da obra de acondicionamento da rúa Socalcos e outras, no Grove (Pontevedra).

Con data do 11 de xullo de 2017, a Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ditou resolución pola que se estimaba o recurso de reposición interposto pola empresa Construcciones Vale, S.L., contra a súa Resolución do 28 de abril de 2017, pola que se acordaba a adxudicación no procedemento de contratación da obra de acondicionamento da rúa Socalcos e outras, no Grove (Pontevedra). Expediente 69/2016U.

Intentada a notificación desta resolución aos licitadores do contrato, por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no correspondente expediente de contratación, consonte o artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), non se puido efectuar á sociedade Construcciones Boalva, S.L., polo que mediante este anuncio se lle notifica o contido da resolución, que figura no anexo, para o seu coñecemento.

Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A consulta do expediente estará á disposición da devandita sociedade, no prazo de dez (10) días hábiles seguintes ao da súa publicación no BOE, nas dependencias da Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio, pertencente á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2017

A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio
P.S. (Artigo 7.1 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro;
DOG número 221, do 19 de novembro)
Silvia Cortiñas Fernández
Vicesecretaria xeral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANEXO

O contido da resolución do recurso de reposición é o seguinte:

Primeiro. Estimar o recurso interposto pola empresa Construcciones Vale, S.L. contra a Resolución do 28 de abril de 2017, deixando sen efecto a adxudicación do expediente de contratación número 69/2016U á empresa Copcisa, S.A.

Segundo. Retrotraer o procedemento ao momento de valoración das ofertas finais presentadas polos licitadores durante a fase de negociación, coa fin de proceder a valorar de novo as ofertas definitivas, incluída a achegada por Construcciones Vale, S.L.

Terceiro. Conservar a validez dos actos de trámite cuxo contido se tivese mantido igual de non terse excluído a oferta final presentada por Construcciones Vale, S.L.

Cuarto. Contra esta resolución, que é firme en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdiccción contencioso-administrativa.