Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 4 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se notifica a Resolución do 6 de xullo de 2017, mediante a que se exclúe da licitación unha empresa no lote 3, do contrato de servizo de medidas de xestión da flora e fauna con comportamento invasor en Galicia.

Con data do 6 de xullo de 2017, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ditou resolución pola que se excluía da licitación á empresa Agromar, S.C.P., no lote 3 (campaña de erradicación do mapache en Galicia), correspondente ao procedemento de contratación do servizo para a aplicación de medidas de xestión das especies de flora e fauna con comportamento invasor en Galicia, no período 2016-2018, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020 (PDR). Expediente 72/2016 CN.

Intentada a notificación desta resolución aos licitadores do contrato, por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no correspondente expediente de contratación, consonte o artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), non se puido efectuar á sociedade Consultores en Iniciativas Ambientales, S.L., polo que mediante este anuncio se lle notifica o contido da resolución, que figura no anexo, para o seu coñecemento.

Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A consulta do expediente estará á disposición da devandita sociedade, no prazo de dez días hábiles seguintes ao da súa publicación no BOE, nas dependencias da Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio, pertencente á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2017

Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio
P.S. (Artigo 7.1 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro;
DOG núm. 221, do 19 de novembro)
Silvia Cortiñas Fernández
Vicesecretaria xeral da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio

ANEXO

O contido da Resolución do 6 de xullo de 2017 é o seguinte:

Primeiro. O licitador Agromar, S.C.P., ao non dar cumprimento ao requirimento de emenda da Mesa de Contratación, segundo o sinalado no artigo 151.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), procedeu a retirar a súa oferta no lote 3 do procedemento de contratación indicado, polo que resulta excluído da licitación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso especial en materia de contratación ante a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, nos termos establecidos no artigo 40 e seguintes do TRLCSP, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que se remita a notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

missing image file