Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2017 Páx. 41753

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017.

En virtude da Resolución do 16 de xuño de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia núm. 119, do 23 de xuño), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 69, do 7 de abril.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións sobre as ditas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes definitivamente excluídas que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos.

Para a devolución do importe ingresado por aqueloutras persoas aspirantes que non fixeron constar eses datos, e figuren nesta resolución como excluídas, será necesaria a presentación dun escrito en que se faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Berdomas García, María Concepción

79310014B

13

Brito Domínguez, Patricia

76913570Y

17, 20, 58

Calvo Rodríguez, Jaime

33998099M

22

Expósito Villasante, Aldara María

53547349Z

58

Fernández García, Óscar

45434793H

22

Galdo Lancharro, Juan Tomás

08824435W

17, 20, 58

González Alén, Silvia

44808528C

43

Martínez Domínguez, Ander

16088718B

16, 20

Matía Carles, Alan

35487749Z

17, 20, 58

Miguélez Miguélez, Álvaro

71419312B

16, 20

Quintairos Veloso, Anxo

44495700S

17, 58

Ramos Maraña, Ana

71668248H

16, 20

Rico Lázaro, Silvia

76044301E

17, 20, 58

Román Fernández, Carlos

32761498E

13

Rosado Martínez, Rosa Belén

48481493T

56

Sola Morena, Alba María

48624455V

17, 20, 58

Villamarín Castro, Julio Manuel

32799772R

22

Cota específica base I.1.2.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Chine Vendrell, Joan Marc

45912274L

16

Código

Descrición

13

Documento exención taxas fóra de prazo

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

17

Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado

20

Taxas non aboadas

22

Taxas aboadas fóra de prazo

26

Doc. xustif. exención taxas con cotexo non válido

43

Desistencia da solicitude

56

Doc. xustif. non percibir prest. ou subs. desemprego non válido

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado