Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 41984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 23 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles notifican ás persoas interesadas as resolucións ditadas no expediente PR905A 2017/40 e tres máis.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Planificación e Xestión de Programas da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela, sita na praza de Mazarelos, nº 15.

Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR905A 2017/40.

Interesado: Santiago Díaz Dasilva.

Acto notificado: Resolución do 12 de xullo de 2017 pola que se lle concede unha axuda extraordinaria ao abeiro do disposto na Resolución do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Expediente: PR905A 2017/46.

Interesada: Mª de los Reyes Carlota Vázquez Saavedra.

Acto notificado: Resolución do 28 de xullo de 2017 pola que se declara desistida da solicitude presentada ao abeiro do disposto na Resolución do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Expediente: PR905A 2017/80.

Interesada: Mirla Mercedes Blanco Martínez.

Acto notificado: Resolución do 28 de xullo de 2017 pola que se declara desistida da solicitude presentada ao abeiro do disposto na Resolución do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Expediente: PR905A 2017/88.

Interesada: María Fernanda Proupin Núñez.

Acto notificado: Resolución do 5 de xullo de 2017 pola que se lle concede unha axuda extraordinaria ao abeiro do disposto na Resolución do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.