Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 41983

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (889/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 889/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Taboada Seoane contra Piper Pacc Feito en Galicia, S.L., e Fogasa sobre reclamación de cantidade procedemento ordinario, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di:

Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Rubén Taboada Seoane, contra a entidade Piper Pacc Feito en Galicia, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Piper Pacc Feito en Galicia, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 719,03 € líquidos, por salarios de xullo e agosto de 2016 e a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer ningún recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioa, manda e firma a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Piper Pacc Feito en Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza