Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2017 Páx. 42003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 30 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio correspondente a un expediente de reintegro de axudas e subvencións para a promoción do emprego autónomo de mozos menores de 30 anos, reguladas na Orde do 14 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio).

No uso das competencias atribuidas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación do acordo de inicio de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10 días) contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela. Advírtese que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince (15 días), que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra.

Pontevedra, 30 de agosto 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

1. N.º de expediente de reintegro: Reint. 2017/013-5.

Nº de expediente de xestión: TR 341O 2014/245-5.

Nome: Cabaleiro Pino, Lorena.

NIF: 35577160R.

Último enderezo coñecido: Ador, nº bloque 3, 3º J, 36470 Salceda de Caselas (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 14 maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo de mozos menores de 30 anos, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 13.b) da dita Orde do 14 maio de 2014.

Contido do acordo: inicio do procedemento de reintegro total.

Data do acordo: 21.6.2017.