Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2017 Páx. 42207

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2017 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 7 de xullo de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Mediante Resolución do 7 de xullo de 2017 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras do Programa de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 137, do 19 de xullo).

No punto segundo do Resolvo establécese que o prazo de presentación de solicitudes rematará o 14 de setembro de 2017.

Debido á coincidencia en período non lectivo do prazo de presentación de solicitudes, co fin de incrementar no posible a oportunidade de acollerse ás axudas por parte dos beneficiarios, considérase conveniente ampliar o prazo de presentación de solicitudes ata o 29 de setembro de 2017.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar ata o 29 de setembro de 2017 o prazo de presentación de solicitudes establecido no punto segundo do Resolvo da Resolución do 7 de xullo de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica