Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2017 Páx. 42269

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 16 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2017 (SI435B, SI435A, SI427B).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2017, a través da Resolución do 16 de xuño de 2017 (DOG número 119, do 23 de xuño), subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade a través dos seguintes programas:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B).

b) Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (SI435A).

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (SI427B).

As partidas orzamentarias con cargo ás que se financian estas subvencións teñen un cofinanciamento do 80 % de fondos FSE, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

O artigo 10 da Resolución do 16 de xuño de 2017, que establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes, indica que a presentación das solicitudes se realizará unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Así mesmo, no artigo 11 determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro de dita resolución de convocatoria pola unidade administrativa encargada da tramitación e a instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 13 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, requiriranse as entidades solicitantes para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, o parágrafo segundo do artigo 13.1 da Resolución do 16 de xuño de 2017 establece que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, do 1 de outubro, os requirimentos de emenda poderanse facer mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Así mesmo, os requirimentos tamén se publicarán na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución (anexo: requirimentos de emenda de documentación, SI435B, SI435A, SI427B).

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución, que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se terán por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal ou dos teléfonos indicados no artigo 26 da resolución de convocatoria (conciliación: 981 54 53 12; promoción e prevención: 981 54 73 97; CIM: 981 54 53 69) ou presencialmente.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2017

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO
Requirimentos de emenda de documentación (SI435B, SI435A, SI427B)

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B 2017).

Nº expediente
SI435B

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2017/10

Concello de Melide

P1504700D

1. Anexo I. Indicar o nome da medida.

2. Anexo III. Aclarar o número de participantes e de proxenitores.

Punto 2. Nome da persoa responsable do concello da medida solicitada. Punto 5. Ampliar información do monitorado imputado: o perfil, funcións, denominación do posto, datas de inicio e fin da contratación e número de horas dedicadas ao programa.

2017/15

Concello de Piñor

P3206200B

1. Anexo III. Punto 2. Indicar a persoa do concello responsable do programa. Punto 5. Concretar o perfil, período de inicio e de fin do persoal contratado.

2017/27

Concello de Cercedo-Cotobade

P3600048G

1. Anexo I. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal). Indicar o nome da medida obxecto da axuda.

2. Anexo II. Aclarar a contía solicitada.

3. Anexo III. Concretar o número de participantes e de proxenitores desagregados por sexo.

2017/30

Concello de Catoira

P3601000G

1. Anexo I. Aclarar a finalidade da axuda concedida por outra Administración (a subvención para o programa de conciliación é incompatible con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade).

2. Anexo III. Punto 1. Falta o número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 2. Falta indicar a persoa responsable no concello da medida solicitada. Punto 5. Ampliar a información do monitorado imputado: perfil e funcións.

2017/31

Concello de Paderne

P1506500F

1. Anexo I. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal). Indicar se teñen concellaría de Igualdade e se se comprometen a colaborar coas actuacións da SXI.

2. Anexo II. Aclarar a contía solicitada.

3. Anexo III. Punto 1. Deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos e o número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 2. Falta indicar a persoa responsable no concello da medida solicitada. Punto 5. Ampliar información do monitorado imputado: perfil, funcións, período de inicio e fin da contratación, así como o número de horas dedicadas ao programa. Punto 6. Cubrir a desagregación dos custos directos do persoal contratado que vai realizar a medida.

2017/35

Agrupación de Avión e Melón

P3200500A

1. Anexo I. Deberá indicar o custo directo de persoal.

2. Anexo II. Falta a data do acordo do órgano competente da entidade local para solicitar a axuda do Programa de fomento da conciliación.

3. Anexo III. Punto 6. Cubrir a desagregación dos custos directos do persoal contratado que vai realizar medida. Punto 7. As actuación ou actividades teñen que corresponderse coa tipoloxía da medida para a cal se solicita a subvención.

2017/37

Agrupación de Vilasantar e Sobrado

P1509100B

1. Anexo III. Punto 1. Aclarar o número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela.

2. Memoria de aforro de custos.

2017/38

Concello de Boimorto

P1501000B

1. Anexo III. Punto 1. Falta o número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela.

2017/43

Concello de Cabanas

P1501500A

1. Anexo III. Punto 1. Aclarar o número de persoas participantes. Punto 6. Cubrir a desagregación dos custos directos do persoal contratado que vai realizar a medida.

2017/45

Concello de Vedra

P1509000D

1. Anexo I. Aclarar o importe do cofinanciamento dos custos de persoal.

2. Anexo III. Aclarar o número de persoas participantes. Punto 1: deben indicar o número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela.

2017/47

Concello de Rois

P1507500E

1. Anexo I. Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada. Deberá indicar os ingresos por taxas de inscrición.

2. Anexo II. Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal) e debe de coincidir co indicado no anexo I.

3. Anexo III. Aclarar o número de participantes. Punto 1: deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos e número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 6. Cubrir a desagregación dos custos directos de persoal para cada unha das persoas contratadas para o desenvolvemento da actividade.

2017/51

Concello das Neves

P3603400G

1. Anexo I. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal). Acreditación da representación da persoa asinante da solicitude para actuar en nome do concello.

2. Anexo II. Aclarar a contía solicitada e a data do acordo do órgano competente da entidade local para solicitar a axuda do Programa de fomento da conciliación.

3. Anexo III. Aclarar o número de participantes.

2017/54

Concello de Boiro

P1501100J

1. Anexo I. Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada.

2. Anexo II. Aclarar a contía solicitada con respecto á que figura no anexo I.

3. Anexo III. Punto 1. Deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos e o número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 2. Falta indicar a persoa responsable no concellos da medida solicitada e ampliar a información sobre o sistema de organización, xestión e seguimento. Punto 5. Faltan enumeración do monitorado, funcións, período de inicio e fin da contratación e número de horas dedicadas ao programa.

2017/55

Concello do Valadouro

P2706300G

1. Anexo III. Aclarar o número de participantes. Punto 6. Cubrir a desagregación dos custos directos de persoal para cada unha das persoas contratadas para o desenvolvemento da actividade.

2017/56

Concello de Taboada

P2706000C

1. Anexo I. Indicar se ten concellaría de Igualdade e se se compromete a colaborar coas actuacións da SXI.

2017/57

Concello de Mondoñedo

P2703000F

1. Anexo I. Aclarar a finalidade da axuda concedida por outra Administración (a subvención para o programa de conciliación é incompatible con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade).

2. Anexo III. Deben cubrir o número de persoas participantes. Punto 1. Deben indicar a metodoloxía, datas de inicio e fin, horario e número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 2. Ampliar a información sobre o sistema de organización, xestión e seguimento da medida. Punto 5. Ampliar información do monitorado imputado: perfil, funcións, período de inicio e fin da contratación, así como o número de horas dedicadas ao programa. Punto 6. Cubrir a desagregación dos custos directos do persoal contratado que vai realizar a medida.

b) Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (SI435A 2017).

Nº expediente SI435A

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2017/02-0

Concello da Guarda

P3602300J

Anexo I. Aclarar importes de custos directos de persoal e subvención solicitada para o período subvencionable.

2017/03-0

Concello de Carral

P1502100I

1. Anexo III. Aclarar o número de persoas participantes.

2. Anexo III.1.2. Non indica o sistema de selección das persoas participantes.

2017/04-0

Concello de Ortigueira

P1506200C

1. Anexo III. Aclarar o número de actuacións ou actividades (presentación dun anexo III por cada unha delas).

2. Anexo III. Aclarar o número das persoas participantes.

2017/05-0

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

P1500003G

1. Plan de igualdade vixente.

2. Memoria de aforro de custos respecto da realización de modo individual.

2017/06-0

Concello de Pontevedra

P3603800H

1. Anexo II. Indicar o nome da medida.

2. Anexo III.4. Medios materiais.

2017/07-0

Concello de Teo

P1508300I

1. Plan de igualdade vixente.

2. Anexo III (continuación ). Incompleto. Faltan os puntos 2, 3, 4 e 5.

2017/10-0

Agrupación de Soutomaior, Pazos de Borbén e Vilaboa

P3605300G

1. Anexo I. Aclarar importes de custos directos de persoal e subvención solicitada.

2. Anexo II. Aclarar importes de custos directos de persoal e subvención solicitada.

3. Convenio de colaboración concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén.

2017/11-0

Concello de Vigo

P3605700H

1. Anexo I. Aclarar importes de custos directos de persoal e subvención solicitada.

2. Anexo II. Aclarar importes de custos directos de persoal e subvención solicitada.

2017/13-0

Agrupación de Avión e Melón

P3200500A

1. Anexo III. Aclarar o número de persoas participantes.

2. Anexo III. Aclarar o número de actuacións ou actividades (presentación dun anexo III por cada unha delas).

3. Anexo III.6. Aclarar a desagregación dos custos directos de persoal.

2017/14-0

Concello de Tomiño

P3605400E

1. Anexo I. Aclarar importes de custos directos de persoal e subvención solicitada.

2. Anexo II. Indicar o nome da medida.

3. Anexo III. Aclarar importes de custos directos de persoal e subvención solicitada.

2017/15-0

Concello de Ribadumia

P3604600A

1. Anexo I. Aclarar importes de custos directos de persoal e subvención solicitada.

Anexo II. Indicar os datos do órgano competente, data do acordo e aclarar a contía solicitada.

2. Anexo III. Indicar o número de participantes desagregados por sexo.

3. Anexo III. Aclarar o número de actuacións ou actividades (presentación dun anexo III por cada unha delas).

2017/16-0

Concello de Padrón

P1506600D

1. Anexo II.

2. Anexo III.

3. Plan de igualdade vixente.

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (SI427B 2017).

Nº expediente SI427B

NIF

Solicitante

Documentación requirida

2017/31-0

Concello de Gondomar

P3602100D

1. Aclaración sobre os gastos de persoal, xa que os indicados no número 4 do anexo IV.1 non se corresponden co custo unitario por horas efectivamente traballadas.

2. Anexo IV.2 correspondente ao posto de asesora xurídica/directora do CIM (no presentado, o número de horas non está no formato exixido).

3. Aclaración sobre o tipo de xornada de traballo no CIM da asesora xurídica/directora.

2017/36-0

Concello de Culleredo

P1503100H

1. Anexo II.

2017/48-0

Concello da Coruña

P1503000J

1. Acreditación da representación da persoa asinante da solicitude para actuar en nome do concello. 2. Anexo II.3. Anexo IV.2: na ficha número 3 a denominación do posto de traballo non é correcta.

2017/49-0

Concello de Lalín

P3602400H

1. Acreditación da representación da persoa asinante da solicitude para actuar en nome do concello.

2. Copia do convenio de colaboración.

3. Anexos IV.2 dos postos para os cales solicita a axuda.

2017/54-0

Concello de Teo

P1508300I

1. Aclaración sobre as contías solicitadas, xa que a indicada no anexo I.3 non coincide coa suma das contías dos anexos IV.2 nin coas indicadas no anexo II.

2017/66-0

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

1. Anexo II.

2. Anexo II-bis.

3. Acreditación de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2015 ao Consello de Contas de Galicia.