Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2017 Páx. 42422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de restauración das pinturas murais do muro norte da igrexa do mosteiro de San Xulián de Moraime, en Muxía, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1, actuación 6.3.1.1 Intervencións no patrimonio cultural (contratación documentalmente simplificada).

missing image file

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=161418

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 92, do 15 de maio de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: servizo de restauración das pinturas murais do muro norte da igrexa do mosteiro de San Xulián de Moraime, en Muxía (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 41.325,00 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 9 de agosto de 2017.

b) Data da formalización do contrato: 30 de agosto de 2017.

c) Contratista: Parteluz Estudio, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 38.225,63 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria