O 3 de agosto de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador 2016398AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Hostal Residencia O Pazo, S.L., con CIF B36802577.
Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante esta cédula se lle notifica a Hostal Residencia O Pazo, S.L., o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbrase o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.
De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 28 de agosto de 2017
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2016398AL-PO.
Denunciado: Hostal Residencia O Pazo, S.L., con CIF B36802577.
Último enderezo coñecido: rúa Campos, nº 9, 11, Matamá, 36213 Vigo.
Feito imputado: infraccións en materia de seguridade alimentaria.
Preceptos infrinxidos:
– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios: artigos 3, 4.2 e 5, e o capítulo I puntos 1, 2, 4, e 5; capítulo II punto 1.c), e d), e 3; capítulo V punto 1 e 2; e capítulo XIII punto 1 do anexo II.
– Artigos 4.2 e 6.5 do Real decreto 126/2015, do 27 de febreiro, polo que se aproba a norma xeral relativa á información alimentaria dos alimentos que se presenten sen envasar para a venda ao consumidor final e ás colectividades, dos envasados nos lugares de venda para petición do comprador, e dos envasados polos titulares do comercio polo miúdo.
Tipificación: infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Sanción imposta: mil douscentos euros (1.200,00 €).