Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2017 Páx. 42514

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 11 de setembro de 2017 pola que se nomean funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril).

Mediante a Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril) convocáronse, entre outros, procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido na base décimo primeira, décimo oitava e vixésima da citada orde, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

Existindo vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que foron destinadas a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, de profesores de música e artes escénicas e de profesores técnicos de formación profesional, as persoas aspirantes aos ditos corpos que se relacionan no anexo da Orde do 28 de xullo de 2017 pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).

Segundo. Nomear funcionarios en prácticas a Rubén Figueroa Sestelo (DNI 34878129D), do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Matemáticas, e a Rafael López García (DNI 32701995C), do corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de Sistemas e Aplicacións Informáticas, que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas nos procedementos selectivos dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril).

Terceiro. Conceder o aprazamento da fase de prácticas a Noelia María Galán Rodríguez, con DNI 47372002Y, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Inglés, e a María Eulalia Agrelo Costas, con DNI 52457475H, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Lingua e Literatura Galega, que superaron o procedemento selectivo de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario.

Cuarto. O nomeamento como funcionario ou funcionaria en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 15 de setembro de 2017, ou desde a data da súa toma de posesión, de ser esta posterior.

Quinto. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.

Sexto. O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción para a percepción das remuneracións en canto persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 marzo).

Sétimo. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas e ditará as instrucións que coide oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria