Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2017 Páx. 42512

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado mediante a Orde do 2 de decembro de 2016, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 11 de setembro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG número 100, do 29 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado mediante a Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG número 238, do 18 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anular a pregunta 106. O seu lugar pasa a ser ocupado pola pregunta de reserva número 151.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 17 de xullo de 2017, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, puntuación que equivale a sesenta e sete (67) respostas correctas. Para estes efectos, fíxase en cincuenta (50) o número de aspirantes que superaron o exercicio, ao teren acadado as mellores puntuacións no conxunto de todas as quendas que responderon correctamente, como mínimo, ao 40 por cento das preguntas do cuestionario consideradas válidas, e unha vez feitas as deducións previstas na citada base.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017

Silvia Alfaya Portela
Presidenta do tribunal