Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2017 Páx. 42509

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2017 pola que se crean, modifican e suprimen ficheiros de datos de carácter persoal desta universidade.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

A entrada en vigor do Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, aprobado mediante o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, introduciu, a través dos artigos 53 e 54, algunhas novidades en canto á forma e ao contido da disposición, en que destaca a necesidade de especificar o sistema de tratamento do ficheiro, podendo ser automatizado, non automatizado ou parcialmente automatizado.

No exercicio das competencias que teño atribuídas e co fin de cumprir o establecido no artigo 20 da mencionada lei, así como no artigo 52 do Regulamento de desenvolvemento dela,

dispoño:

Primeiro. Os ficheiros da Universidade da Coruña serán os contidos no anexo desta resolución.

Segundo. Créanse os ficheiros incluídos no anexo desta resolución, en cumprimento do artigo 20 da Lei orgánica 15/1999 e do artigo 54.1 do Regulamento de desenvolvemento.

Terceiro. Os ficheiros que se recollen no anexo desta resolución rexeranse polas disposicións xerais e instrucións que se detallen para cada un deles, e estarán sometidos, en todo caso, ás normas legais e regulamentarias de superior rango que lles sexan aplicables.

Cuarto. En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de desenvolvemento da Lei 15/1999, os ficheiros serán notificados para a súa inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos no prazo de trinta días desde a publicación desta resolución no Diario Oficial del Galicia.

Quinto. A presente resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial del Galicia.

A Coruña, 6 de setembro de 2017

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO
Ficheiros de nova creación
Ficheiro: Xestión_procesos_participativos

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación, así como a descrición da súa finalidade e usos previstos.

a.1) Identificación do ficheiro: Xestión_procesos_participativos.

a.2) Finalidade e usos previstos: xestionar os procesos participativos para o control da habilitación das persoas que participan neles e reconto meramente numérico e estatístico dos resultados derivados dos procesos de participación cidadá.

b) Orixe dos datos, indicando o colectivo de persoas sobre o que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulte obrigado a subministralos, o procedemento de recollida dos datos e a súa procedencia.

b.1) Colectivo: cidadáns interesados nos procesos participativos da Universidade da Coruña.

b.2) Procedencia: o propio interesado.

Procedemento de recollida: a través dun formulario que enche a propia persoa interesada.

c) Estrutura básica do ficheiro e o sistema de tratamento utilizado na súa organización.

c.1) Estrutura:

Datos identificativos: nome de usuario, enderezo de correo electrónico.

c.2) Sistema de tratamento: ficheiro automatizado.

d) Comunicacións dos datos previstas: non se prevén cesións ou comunicacións de datos.

e) Transferencias internacionais previstas a terceiros países: non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo.

f) Órganos responsables do ficheiro: Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria.

g) Servizos ou unidades ante os que poden exercerse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria

Rúa da Maestranza, 9

15001 A Coruña

h) Nivel de medidas de seguridade: nivel básico.