Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2017 Páx. 43181

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2017 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo Issga

Data da

sinatura

Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do máster universitario en Prevención de Riscos Laborais

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do máster universitario en Prevención de Riscos Laborais

0,00 €

9.6.2017

Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do máster universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do máster universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns

0,00 €

9.6.2017

Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do máster universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Ambiental

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do máster universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Ambiental

0,00 €

9.6.2017

Convenio intradministrativo entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Consellería do Medio Rural para a repartición de gastos polo uso compartido das instalacións do Edificio Prado Lonia en Ourense

Regular a repartición de gastos polo uso compartido do edificio do Issga en Ourense, con enderezo na rúa Villamil e Castro, s/n, en Prado Lonia (Ourense)

0,00 €

14.6.2017