Por Resolución conxunta do 25 de abril de 2017 (DOG nº 91, do 12 de maio) convocáronse os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.
Vista a proposta efectuada polo xurado mencionado no artigo 15 da citada resolución, relativa á selección dos traballos presentados segundo os criterios previstos no artigo 16, procede a súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude,
RESOLVEMOS:
Primeiro. Declarar gañador do premio na categoría A (alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria), dotado coa contía de 1.500 euros, ao proxecto «Coa cooperativa Riomaior, a publicidade irá mellor», realizado polo Colexio de Educación Primaria Plurilingüe de Riomaior.
Segundo. Declarar gañador do premio na categoría B (alumnado de educación secundaria obrigatoria), dotado coa contía de 1.500 euros, ao proxecto «Consumindo boa publicidade e publicitando o bo consumo», realizado polo Colexio Santo Domingo FESD.
Terceiro. Facendo uso da posibilidade prevista no artigo 15.4 da convocatoria, declarar desertos os premios para a categoría C (alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio de formación profesional e de educación de persoas adultas) ao non presentarse nesta categoría ningún proxecto que cumpra os requisitos mínimos establecidos na convocatoria.
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2017
|
Sol María Vázquez Abeal |
Román Rodríguez González |


