Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43544

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Maside no núcleo rural de Pousada.

O Concello de Maside, conforme o disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), remite novamente o expediente de referencia para a súa aprobación definitiva.

Unha vez analizado o expediente remitido polo Concello de Maside e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecendentes.

I.1. O Concello de Maside dispón actualmente de Normas subsidiarias de planeamento (NSP), aprobadas definitivamente o 29.10.1985, con oito modificacións puntuais.

I.2. A tramitación da modificación puntual foi a seguinte:

• Consta informe do técnico municipal do 26.1.2015.

• O Pleno municipal do 4.2.2015 aprobou inicialmente a modificación puntual e someteuna a información pública durante un mes mediante anuncios publicados nos xornais La Región, do 3.3.2015 e La Voz de Galicia, do 4.3.2015; e no DOG do 17.3.2015. Non se presentou ningunha alegación.

• Deuse audiencia aos municipios limítrofes de San Cristovo de Cea, Amoeiro, O Carballiño, San Amaro e Punxín, sen que conste contestación de ningún deles.

• Consta informe favorable do 18.5.2015, da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia do Ministerio de Fomento, cunhas condicións.

• Consta informe favorable do 25.5.2015, da Subdirección Xeral de Redes e Operadores de Telecomunicacións do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

• Consta informe do 9.7.2015, da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, en que solicita documentación; e informe favorable, do 26.2.2016.

• Consta informe desfavorable, do 10.12.2015, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; e informe favorable, do 10.6.2016, cunha precisión.

• O Pleno municipal do 13.7.2016 aprobou provisionalmente a modificación puntual das Normas subsidiarias de planeamento municipal de Maside no núcleo rural complexo de Pousada, coas modificacións requiridas nos informes sectoriais.

• O 21.11.2016 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo ditou requirimento ao Concello, sinalando unha serie de deficiencias para emendar.

• O Pleno do Concello do 26.1.2017 aprobou de novo provisionalmente a modificación puntual.

II. Análise e consideracións.

II.1. O ámbito de actuación é o núcleo rural de Pousada e o seu contorno inmediato, e afecta, segundo as NSP vixentes, solo de núcleos rurais e solo non urbanizable (actualmente rústico). A superficie total afectada é de 32.020 m2.

II.2. O obxecto da modificación puntual é a delimitación e a ordenación normativa do núcleo rural de Pousada, adaptando as súas determinacións ao contido da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).

II.3. No documento corrixíronse as eivas observadas, emendáronse as contradicións e as determinacións da memoria adaptáronse plenamente á LSG.

II.4. O 19.3.2016 entrou en vigor a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, que establece no punto 2 da disposición transitoria segunda que os plans en tramitación que nesa data xa tivesen aprobación inicial poderán continuar a súa tramitación segundo o teor da LOUG, aínda que as súas determinacións deberán adaptarse plenamente á Lei 2/2016.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG, e co artigo 3.a) do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das Consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación do solo de núcleo rural, corresponde á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello de Maside, no núcleo rural de Pousada.

2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 28/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

missing image file