Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43707

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (580/2015).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá recaeu auto con data 10 de outubro de 2016, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Audiencia Provincial Sección Quinta da Coruña.

Auto: 119/2016.

Audiencia Provincial Sección Quinta da Coruña.

Peza: RPL recurso de apelación (LACN) 580/2015.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Carballo.

Procedemento de orixe: peza de oposición á execución hipotecaria 27/2013.

Recorrente: Unión de Créditos Inmobiliarios E.F.C.

Procurador: Rafael Otero Salgado.

Auto núm. 119/2016.

Maxistrados:

Manuel Conde Núñez.

Carlos Fuentes Candelas.

Elena Calleja Curros.

A Coruña, 10 de outubro de 2016.

Visto en grao de apelación ante esta Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, os autos 27/2013, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Carballo, aos que correspondeu a peza 580/2015, nos que aparece como parte apelante: Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A. Establecimiento de Crédito Financiero representado polo procurador Sr. Otero Salgado, e como apelada/impugnante: María del Carmen Santos Trillo representada pola procuradora Sra. Núñez López e Emilio Teijeiro Recarey, sobre “oposición a execución hipotecaria”, e sendo maxistrada relatora Elena Calleja Curros.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Parte dispositiva.

Que, con estimación parcial do recurso de apelación interposto pola representación procesual de Unión de Créditos Inmobiliarios, revogamos en parte o auto apelado no único sentido de ser de aplicación a remuneración os xuros remuneratorios pactados, sobre o principal (sen xuros moratorios), ata o completo pagamento, confirmándose o restante, sen mención especial das custas da alzada.

Desestimamos a impugnación formulada pola parte executada, con imposición das custas desta alzada. Este auto é firme ao non caber contra este recurso ningún.

Dese ao depósito para recorrer o destino legal.

Así, por este auto, do que se levará á peza un testemuño uníndose o orixinal ao libro correspondente, o pronuncia, manda e asina o tribunal no lugar e data arriba indicados. Dou fe».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia ao obxecto de notificar as partes declaradas en rebeldía Emilio Teijeiro Recarey, expido e asino esta cédula.

A Coruña, 19 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza