Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43709

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (ETX 100/2017).

Eu, María de los Ángeles López Carballo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais con número 100/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alba Carreira Fernández contra Lucía Testa Villaverde e o Fondo de Garantía Salarial, se expediu a seguinte cédula de citación:

Cédula de citación

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda: execución de títulos xudiciais 100/2017.

Persoa que se cita: Lucía Testa Villaverde, como parte demandada.

Polígono de Louzaneta, núm. 6, baixo, Lugo 27297

Obxecto da citación: asistir nesa condición ao/s acto/s de comparecencia prevista no artigo 280 da LRXS sobre comparecencia para extinción da relación laboral, e concorrer a tales actos coas probas de que intente valerse e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar ás preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: sinálase o día 8 de novembro de 2017 ás 9.55 horas para a realización da comparecencia na sala de audiencia deste xulgado.

Lugo, 8 de agosto de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Lucía Testa Villaverde, expídese o presente.

Lugo, 5 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza