Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43877

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición da comisión de selección que supervisará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2016/17.

A Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 21 de xullo de 2017, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2016/17 (DOG do 7 de agosto), establece no seu artigo 12 a constitución dunha comisión de selección dos aspirantes aos premios e na disposición derradeira primeira autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para adoptar os actos e as medidas necesarias para a aplicación desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 12 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 21 de xullo de 2017,

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros da comisión de selección dos aspirantes ao premio, que supervisará e valorará as solicitudes dos participantes nos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2016/17, e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Comisión de selección

Presidenta:

M. Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

• María del Carmen Areán Vázquez, inspectora de Educación.

• María Magdalena Duarte Blanco, inspectora de Educación.

• María Adoración de la Fuente Fernández, inspectora de Educación.

Secretario/a:

Un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.