Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43879

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2017 pola que se habilitan asesores e/ou avaliadores no marco do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia ou familias profesionais do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, establece no artigo 3.5 que un dos fins do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional é o de avaliar e acreditar oficialmente a cualificación profesional, calquera que sexa a súa forma de adquisición, e no seu artigo 4 establece que un dos seus instrumentos é o procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e rexistro das cualificacións profesionais.

O Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo (BOE do 25 de agosto), de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, desenvolve o establecido no artigo 8.4 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, establecendo o procedemento e os requisitos para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, así como os seus efectos.

No seu artigo 22.1 establece que as administracións responsables do procedemento de avaliación e acreditación das competencias profesionais, no seu ámbito territorial correspondente, terán entre as súas funcións habilitar os asesores e avaliadores e manter un rexistro deles.

No mesmo artigo establécese que a Administración xeral do Estado e as administracións competentes das correspondentes comunidades autónomas habilitarán as persoas necesarias para garantir o desenvolvemento das funcións de asesoramento e avaliación que deberán cumprir en todo caso, os requisitos establecidos no artigo 25.1.

Para a implantación do procedemento en Galicia, o Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, atribúe á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa as competencias para a promoción e o desenvolvemento do recoñecemento de competencias profesionais nas diferentes familias profesionais que compoñen o Catálogo nacional de cualificacións profesionais. Así mesmo, indica que será a Subdirección Xeral de Formación Profesional a quen lle corresponde a organización e coordinación do sistema de recoñecemento, avaliación e acreditación de competencias profesionais.

Pola Resolución do 26 de abril de 2017 convocouse o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, para determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, en desenvolvemento do Acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería do Medio Rural.

O artigo 2 da devandita orde establece que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa será a encargada da organización e o desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias adquiridas pola experiencia laboral e por vías non formais de formación, a través da Subdirección Xeral de Orientación Profesional e Relación con Empresas.

Segundo a autorización establecida na disposición derradeira primeira da mesma orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Habilitar as persoas incluídas no anexo desta resolución para desenvolver as funcións de asesoramento e/ou avaliación, en determinadas unidades de competencia ou familia profesional do Catálogo nacional de cualificacións profesionais de conformidade co Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo (BOE do 25 de agosto), de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral; e incorporalas ao correspondente rexistro.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO
Sector produtivo

Familia profesional: Agraria.

Apelidos
e nome

DNI

Tratamento

Código UC

Unidade de competencia

Código habilitación

Díaz Doval, Xesús

33994031P

Avaliador

UC0009_3

Xestionar a maquinaria, equipos e instalacións de xardinaría

AVP000931092

UC0727_3

Realizar operacións topográficas en traballos de agricultura, xardinaría e montes

AVP072731093

UC0728_3

Xestionar as operacións de repoboación forestal e de corrección hidrolóxico-forestal

AVP072831094

UC0729_3

Xestionar os tratamentos selvícolas

AVP072931095

UC0730_3

Xestionar a maquinaria, equipos e instalacións da explotación forestal

AVP073031096

UC1132_3

Xestionar a maquinaria, equipos e instalacións da explotación agrícola

AVP113231097

UC1486_3

Organizar e supervisar as operacións de inventario e seguimento do hábitat natural

AVP148631098

UC1487_3

Xestionar os aproveitamentos forestais madeireiros

AVP148731099

UC1488_3

Xestionar os aproveitamentos forestais non madeireiros

AVP148831100

UC1492_3

Xestionar as operacións de propagación de plantas en viveiro

AVP149231101

UC1498_3

Xestionar os traballos derivados da planificación e seguimento do hábitat acuícola continental

AVP149831102

UC1499_3

Xestionar os traballos derivados da planificación do hábitat das especies cinexéticas

AVP149931103

Familia profesional: Seguridade e Medio Ambiente.

Apelidos
e nome

DNI

Tratamento

Código UC

Unidade de competencia

Código habilitación

Díaz Doval, Xesús

33994031P

Avaliador

UC0083_3

Controlar e vixiar os espazos naturais e o seu uso público

AVP008331104

UC0085_3

Controlar o aproveitamento dos recursos cinexéticos e piscícolas

AVP008531105

UC0086_3

Vixiar e colaborar nas operacións de restauración, mantemento, ordenación e defensa dos recursos naturais

AVP008631106