Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43882

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifica a Resolución do 1 de xuño de 2017 pola que se fai pública a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias convocado pola Resolución do 26 de abril de 2017.

Mediante a Resolución do 26 de abril de 2017 foi convocado o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, para determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, en desenvolvemento do Acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería do Medio Rural.

O artigo 16 da devandita resolución, no seu punto 1, fai referencia aos requisitos, formación e habilitación das persoas que poderán actuar como asesores e avaliadores, e no seu punto 2, á composición da comisións de avaliación, dicindo que estarán constituídas polo menos por cinco membros, dos cales un debe ocupar a presidencia, outro desempeñará o cargo de secretario ou secretaria, e os tres restantes serán vogais. A mesma orde, no artigo 15 establece que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa nomeará as comisións de avaliación necesarias para levar a cabo a convocatoria.

Mediante a Resolución do 1 de xuño de 2017 (DOG do 9 de xuño), tramitada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, fíxose pública a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias convocado pola Resolución do 26 de abril de 2017.

Unha vez presentada a renuncia dun membro da comisión nomeado mediante a Resolución do 1 de xuño de 2017 (DOG do 9 de xuño), esta dirección xeral

DISPÓN:

Admitir a renuncia presentada por Verónica García Carballada como vogal da comisión de avaliación encargada de avaliar as unidades de competencia do CS de Xestión Forestal e do Medio Natural na provincia de Lugo e nomear no seu lugar a Xesús Díaz Doval como representante do sector produtivo.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa