Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento en portais web sectoriais (expediente 2017/PA/0079).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0079.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: esta licitación ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento en portais web sectoriais.

b) División por lotes e número: si, dous.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir do 1.12.2017. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 714.049,56 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 238.016,52 €, máis 49.983,48 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 288.000,00 €, que se distribúe nos seguintes lotes:

Lote 1: portais web do ámbito de emprego: 39.669,42 € + IVE do 21 % (8.330,58 €) = 48.000,00 €, repartido nas seguintes anualidades:

• 2017: 1.652,89 € + IVE (347,11 €) = 2.000,00 €.

• 2018: 19.834,71 € + IVE (4.165,29 €) = 24.000,00 €.

• 2019: 18.181,82 € + IVE (3.818,18 €) = 22.000,00 €.

Lote 2: portais web dos ámbitos do medio rural, mar, política social, medio ambiente, transporte, infraestruturas e vivenda, educación: 198.347,10 € + IVE do 21 % (41.652,90 €) = 240.000,00 €, repartido nas seguintes anualidades:

• 2017: 8.264,46 € + IVE ao 21 % (1.735,54 €) = 10.000,00 €.

• 2018: 99.173,55 € + IVE ao 21 % (20.826,45 €) = 120.000,00 €.

• 2019: 90.909,09 € + IVE ao 21 % (19.090,91 €) = 110.000,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=205068.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 30.10.2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: o lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 20.9.2017.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia