Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 6 de setembro de 2017 pola que se anuncia a contratación, mediante o procedemento aberto por lotes e documentalmente simplificado, dun servizo de verificación das condicións de subvencionalidade do artigo 125 do Regulamento (UE) 1303/2013, nos proxectos comprendidos no marco do programa operativo Interreg Europa. Contratación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 85 %.

Advertido un erro material no dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 179, do mércores 20 de setembro 2017, é preciso facer a seguinte modificación no número 9, onde di: «Acto público de apertura do sobre B (proposta técnica)», debe dicir: «Acto público de apertura do sobre B (criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas matemáticas)».

Esta corrección non afecta o contido substancial do anuncio, polo que non implica modificación do prazo de presentación de ofertas indicado no citado anuncio de licitación, que é de 8 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación no DOG, nos termos e nas condicións nel recollidos.