A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 7 de setembro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais, así como para adaptala á Orde da Consellería de Facenda do 10 de maio de 2017, que modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir.
Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:
Código do posto |
Denominación do posto |
Criterio |
ED.C99.10.000.15001.548 |
Xefatura do Servizo de Coordinación da Área de Cultura |
• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia |
ED.C99.10.000.27001.529 |
||
ED.C99.10.000.32001.525 |
||
ED.C99.10.000.36001.534 |
||
ED.C99.50.101.15001.001 |
Director/a biblioteca (Biblioteca da Coruña) |
• Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares |
ED.C99.50.101.15770.001 |
Director/a biblioteca (Biblioteca de Santiago de Compostela) |
|
ED.C99.50.101.27001.001 |
Director/a biblioteca (Biblioteca de Lugo) |
|
ED.C99.50.101.32001.001 |
Director/a biblioteca (Biblioteca de Ourense) |
|
ED.C99.50.101.36001.001 |
Director/a biblioteca (Biblioteca de Pontevedra) |
|
ED.C99.50.101.36560.001 |
Director/a biblioteca (Biblioteca de Vigo) |
|
ED.C99.50.201.15001.001 |
Director/a museo (Museo de Belas Artes) |
• Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares |
ED.C99.50.201.15770.001 |
Director/a museo (Museo das Peregrinacións) |
|
ED.C99.50.201.27100.001 |
Director/a museo (Museo Castro de Viladonga) |
|
ED.C99.50.201.32001.001 |
Director/a museo (Museo de Ourense) |
|
ED.C99.50.201.32680.001 |
Director/a museo (Museo Etnolóxico de Ribadavia) |
|
ED.C99.50.101.36040.001 |
Director/a museo (Museo Massó) |
|
ED.C99.50.301.15001.001 |
Director/a arquivo (Arquivo do Reino de Galicia) |
• Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares |
ED.C99.50.301.27001.001 |
Director/a arquivo (Arquivo de Lugo) |
|
ED.C99.50.301.32001.001 |
Director/a arquivo (Arquivo de Ourense) |
|
ED.C99.50.301.36001.001 |
Director/a arquivo (Arquivo de Pontevedra) |
Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 7 de setembro de 2017, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017
O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública