Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44656

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

ANUNCIO polo que se publica a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novos candidatos a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal.

O director xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novos candidatos a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

A información relativa a este anuncio está exposta na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no polígono industrial do Tambre, Vía Marconi nº 14, CP 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2017

Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)