Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44657

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, S. Coop. Galega

ANUNCIO de modificación de estatutos.

Ramón Moreno Vidal, secretario do Consello Reitor e da Asemblea Xeral Ordinaria da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, Sociedade Cooperativa Gallega, que tivo lugar o día 7 de xullo de 2017, da cal é presidente José María Calo Faraldo,

CERTIFICO:

Que na asemblea xeral ordinaria do día 7 de xullo de 2017, debidamente convocada, foi aprobado o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, relativo ao domicilio social da cooperativa e que o devandito artigo pasa a ter a seguinte redacción: «Artigo 2. Domicilio social. 1. O domicilio social da cooperativa establécese na rúa Parroquia de Rois, nave D-4 do polígono industrial de Bergondo 15165 A Coruña. 2. O domicilio social poderá ser trasladado dentro do mesmo termo municipal por acordo do Consello Reitor, nos termos establecidos no artigo 74 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia».

E para que conste, expídese a presente certificación sinalando que nos libros de actas e nos demais antecedentes da cooperativa non figura ningún acordo que modifique ou restrinxa os que aquí se teñen certificado.

Arteixo, 21 de setembro de 2017

Vº e Pr.
José María Calo Faraldo
Presidente

Ramón Moreno Vidal
Secretario