Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44458

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 22 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

A concesión de subvencións a entidades do terceiro sector con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, en diante IRPF, é unha medida da Administración xeral do Estado consolidada no tempo e arraigada na sociedade española.

Ata o ano 2013 estas axudas estruturáronse en función dos colectivos protexidos, pero a partir do Real decreto lei 7/2013, do 28 de xuño, de medidas urxentes de natureza tributaria, orzamentaria e de fomento da investigación, o desenvolvemento e a innovación, tratouse de dar unha resposta eficaz ás demandas daqueles sectores en que era necesario incidir cunha maior urxencia. Para iso, considerouse imprescindible que aqueles fins a que se destinaba a citada asignación quedasen encadrados dentro duns eixes prioritarios de actuación sobre os que se instrumentasen os programas para desenvolver, e que se circunscribiron aos ámbitos seguintes: a atención ás persoas con necesidades de atención integral sociosanitaria, a atención ás persoas con necesidades educativas ou de inserción laboral, o fomento da seguridade cidadá e prevención da delincuencia, a protección do ambiente e a cooperación ao desenvolvemento.

O Real decreto 536/2013, do 12 de xullo, estableceu as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas a realizar programas de interese xeral con cargo á asignación tributaria do IRPF no ámbito da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade. A partir de entón esta norma rexeu as convocatorias anuais destas subvencións, e foi o marco que amparou as competencias da Administración xeral do Estado.

A Resolución do 18 de maio de 2016, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, pola que foron convocadas as subvencións estatais destinadas a realizar programas de interese xeral con cargo á asignación tributaria do IRPF, foi obxecto dun conflito positivo de competencias que se tramitou como número 4777-2016 e foi estimado parcialmente polo Tribunal Constitucional na súa sentenza do 19 de xaneiro de 2017.

O cumprimento da dita sentencia exixiu que a Administración xeral do Estado abordase a modificación do marco regulador destas subvencións e que na sesión do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia do día 26 de abril de 2017 se adoptase por unanimidade que o futuro modelo de xestión do 0,7 % do IRPF fose un modelo mixto (tramo Administración xeral do Estado-tramo comunidades autónomas e cidades con Estatuto de autonomía) en que se introducirían todos os axustes precisos no modelo de xestión do IRPF para respectar as competencias das comunidades autónomas naquelas actuacións que se consideren materia de asistencia social, sen prexuízo das posibles competencias do Estado.

A Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no artigo 27.23 do Estatuto de autonomía de Galicia, ten competencia exclusiva en materia de asistencia social de xeito que, tal e como recolle o Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, lle corresponde á dita consellería propor e executar as directrices xerais do Goberno no dito ámbito.

As subvencións con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF constitúen unha vía esencial de sostemento das axudas públicas para realizar programas de interese xeral, que en Galicia permitiu que se levasen a cabo, no ano 2016, 238 programas cun financiamento superior aos 11 millóns de euros, o que permite concluír que esta actividade subvencional da Administración constitúe na nosa comunidade un verdadeiro instrumento de vertebración social no marco da asignación tributaria que a cidadanía realiza na súa declaración anual da renda.

A necesidade de dar continuidade á realización destes programas vén determinada pola enorme repercusión social que tería a súa paralización e fai preciso o establecemento dun réxime transitorio e excepcional de financiamento en canto se perfila o novo modelo de xestión.

Polo anteriormente exposto, a Xunta de Galicia considera prioritario garantir a realización dos programas de interese xeral que con cargo á asignación tributaria do IRPF se viñan desenvolvendo nos últimos anos no territorio da nosa Comunidade Autónoma. Por este motivo, o procedemento de concesión das axudas, dadas as excepcionais circunstancias que non se puideron prever con anterioridade, tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva mediante un procedemento abreviado, coa finalidade de poder realizar e resolver a convocatoria neste ano 2017.

Así pois, esta orde establece as bases reguladoras e procede á convocatoria de subvencións ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, establecendo un procedemento transitorio e excepcional dirixido a garantir a continuidade no ano 2018 dos programas que atenden fins de interese social en Galicia.

Esta orde axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, polo Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e polo Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas para realizar programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionada pola Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento BS623D).

Artigo 2. Financiamento

1. Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total de once millóns catrocentos cincuenta e tres mil setecentos oitenta e catro euros (11.453.784 €), consignado nas aplicacións orzamentarias seguintes:

Aplicación

Importe

12.02.312B.481.1

891.032,00 €

12.03.313C.481.6

3.607.450,00 €

12.04.312E.481.1

4.713.947,00 €

12.04.312E.781.1

831.872,00 €

12.05.312F.481.0

1.124.462,00 €

12.05.313A.481.0

285.021,00 €

Total

11.453.784,00 €

Estes créditos poderán ser reaxustados na resolución de concesión entre as distintas aplicacións orzamentarias en función da natureza do gasto e da adecuación do contido dos proxectos presentados nas solicitudes ás competencias de cada centro directivo implicado, para o que se realizarán as modificacións oportunas no expediente de gasto, que serán publicadas nos mesmos medios que a convocatoria, e concretamente no Diario Oficial de Galicia.

2. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, poderase ampliar excepcionalmente a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar legalmente constituídas, polo menos con dous anos de antelación á data da convocatoria e, cando proceda, debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico ou estatal. Este último requisito entenderase cumprido coa presentación da solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes establecido no artigo 8.2.

b) Carecer de ánimo de lucro.

c) Ter entre os seus fins institucionais recollidos nos seus estatutos a realización das actividades consideradas subvencionables de acordo co establecido no artigo 4.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e por reintegro de subvencións, impostas polas disposicións vixentes.

e) Ter obtido axuda con cargo á asignación tributaria do imposto sobre a renda das persoas físicas na convocatoria do ano 2016 para desenvolver os programas obxecto de subvención de maneira real e efectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Dentro dos límites da lexislación autonómica, tamén poderán ser beneficiarias destas subvencións as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica. Estas agrupacións deberán indicar os compromisos asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención para aplicar a cada un deles. Así mesmo, deberán nomear unha persoa en representación con poderes suficientes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación. A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. No caso de que algunha destas entidades sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo a varias entidades, poderá propor de entre estas unha ou varias entidades para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante.

No suposto de que a axuda para desenvolver o/s programa/s a que fai referencia a letra e) do punto 1 fose obtida por unha estrutura de ámbito nacional e forme parte dela unha análoga de ámbito autonómico, só poderá obter a condición de beneficiaria esta última.

4. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.

5. Non poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta norma as entidades en que concorra algunha das circunstancias contidas nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 4. Finalidade das axudas

Estas axudas destinaranse á realización de actividades de interese xeral que obtivesen financiamento estatal con cargo á asignación tributaria do IRPF na convocatoria do ano 2016 no marco dos seguintes programas:

a) Programas para a atención ás persoas con necesidades de atención integral sociosanitaria.

b) Programas para a atención ás persoas con necesidades educativas ou de inserción laboral.

c) Programas para o fomento da seguridade cidadá e a prevención da delincuencia.

O contido dos programas citados axustarase ao previsto na relación que se xunta como anexo I.

En ningún caso se poderán financiar programas ou proxectos de investimento, agás no referido ao equipamento e obras de adaptación e rehabilitación, así como aqueles de continuidade necesarios para a terminación de programas de investimento financiados en convocatorias anteriores.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Serán subvencionables aqueles gastos que, de maneira indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e que resulten estritamente necesarios, sempre que se efectúen durante o ano 2018 e sexan efectivamente pagados con anterioridade á finalización do prazo de presentación da xustificación da subvención establecido no artigo 14.

Os gastos que se puidesen ter realizado durante o ano 2017 serán subvencionables sempre que se refiran a custos reais das actividades incluídas nos programas subvencionados nesta convocatoria e se producisen desde a data de finalización da execución real do programa subvencionado na convocatoria anterior, tramitada pola Administración xeral do Estado.

2. As contías máximas das retribucións e custo de Seguridade Social do persoal laboral imputables á subvención estarán limitadas polas contías determinadas para os diferentes grupos de cotización á Seguridade Social que se detallan na seguinte táboa salarial:

– Grupo I: 31.619,06 euros.

– Grupo II: 25.295,45 euros.

– Grupo III: 22.133,14 euros.

– Grupo IV: 18.970,83 euros.

– Grupo V: 15.809,53 euros.

– Grupos VI e VII: 12.647,22 euros.

– Grupo VIII: 10.539,35 euros.

Os importes anteriores están referidos a catorce pagas anuais para unha xornada semanal de corenta horas. Para xornadas inferiores ás corenta horas, realizarase o cálculo proporcional.

Ás retribucións sumaranse os gastos de Seguridade Social correspondentes á empresa e o seu total constituirá o gasto subvencionable por custos de persoal laboral.

3. As retribucións do persoal contratado en réxime de arrendamento de servizos, modalidade esta que terá sempre carácter excepcional, admitiranse unicamente nos casos en que, polas especiais características do programa, non resulte adecuado o desenvolvemento das actividades concretas de que se trate polo persoal suxeito á normativa laboral vixente. Estas retribucións quedarán tamén afectadas, con carácter xeral, polas limitacións sinaladas no número anterior.

4. Non poderán imputarse á subvención os gastos orixinados polas actividades realizadas na condición de membro das xuntas directivas ou consellos de dirección das entidades.

5. As axudas de custo e gastos de viaxe poderán ser obxecto de subvención nas contías fixadas para o grupo 2 polo Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, sempre que non superen no seu conxunto o 3 por 100 do importe total subvencionado do programa, a non ser que, en atención á súa natureza, sexa autorizada outra porcentaxe na resolución de concesión da axuda.

6. Os gastos de xestión e administración directamente relacionados coa actividade subvencionada, incluíndo os custos xerais de estrutura necesarios e indispensables para a súa adecuada preparación ou execución, poderán ser obxecto de subvención sempre que non superen o 9 por 100 do importe total subvencionado do programa, e poderán imputarse a estes os custos derivados de auditorías externas sobre a xestión do/s programa/s subvencionado/s por parte da entidade.

7. Gastos de investimento de continuidade referidos a equipamento, obras de adaptación e rehabilitación e adquisición de vehículos adaptados.

8. Atendendo á natureza das actividades, a entidade beneficiaria poderá levar a cabo a súa subcontratación, mediando sempre autorización e sen exceder o 50 por 100 do importe do programa subvencionado. A dita subcontratación axustarase, en todo caso, ao disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e mais no 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 6. Determinación dos programas subvencionables e da contía das axudas

1. Para determinar os programas que poden ser obxecto de subvención e da contía máxima individualizada de cada unha delas teranse en conta os resultados obtidos na anualidade 2016 por aplicación dos criterios obxectivos de valoración a que se refire o punto sétimo da Resolución do 18 de maio de 2016, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, pola que foron convocadas as subvencións estatais destinadas a realizar de programas de interese xeral con cargo á asignación tributaria do IRPF.

As ditas contías serán consultadas de oficio pola Xunta de Galicia con base na información facilitada pola SESSI relativa á distribución territorial realizada na concesión destas axudas en 2016.

2. No caso de existir crédito sobrante con base na asignación das contías de acordo co establecido no punto un deste artigo, procederase a distribuílo a partes iguais entre a totalidade dos programas que acaden subvención, tendo como límite o importe solicitado pola entidade.

Artigo 7. Compatibilidade das axudas

1. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, agás aquelas da mesma natureza que outorgue a Administración xeral do Estado en virtude das súas competencias e sen prexuízo daqueles gastos que poidan ser imputables ás subvencións que se concedan nos respectivos ámbitos.

2. O importe da subvención concedida non poderá ser en ningún caso de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo do programa que vai desenvolver a entidade solicitante.

3. No caso de entidades solicitantes que sexan perceptoras doutras axudas para a mesma finalidade concedidas por outra entidade, deberán acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

Artigo 8. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de persoa usuaria e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as entidades interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da mesma lei.

Sen prexuízo do anterior, os requirimentos poderán ser comunicados aos enderezos electrónicos que se indiquen na solicitude. Esta comunicación non afectará o prazo de emenda establecido.

Artigo 9. Documentación

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa de cada programa para o cal se solicita subvención, segundo os modelos dispoñible na páxina web da Consellería de Política Social (http://politicasocial.xunta.gal).

b) Estatutos debidamente legalizados no suposto de que non estean inscritas nun rexistro administrativo da Comunidade Autónoma.

c) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que a entidade non estea inscrita nun rexistro administrativo da Comunidade Autónoma ou que no dito rexistro esta se atribúa a persoa distinta á designada.

2. No punto correspondente do anexo II farase constar:

a) Que a entidade desenvolve os programas para os cales solicita subvención de maneira real e efectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que estes son continuidade dos que foron financiados pola Administración xeral do Estado na convocatoria de subvencións estatais destinadas á realización de programas de interese xeral con cargo á asignación tributaria do IRPF, ao abeiro da Resolución do 18 de maio de 2016 da Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad, e que se desenvolverán nos seus mesmos termos.

b) O conxunto de todas as axudas solicitadas e/ou concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, polas distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados.

c) Que a entidade e, de ser o caso, as entidades que se propoñen como executantes non están incursas en ningunha das prohibicións establecidas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, para obter a condición de beneficiaria dunha subvención.

d) Que a entidade e, de ser o caso, as entidades que se propoñen como executantes, están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións de acordo co previsto no artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

e) Que a entidade e, de ser o caso, as entidades que se propoñen como executantes están ao día no pagamento das obrigas tributarias estatais e autonómicas e fronte á Seguridade Social e non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Que a entidade se compromete a manter o cumprimento de todos os requisitos establecidos nesta orde e na normativa aplicable durante o período de tempo en que perciba esta subvención e a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais ou calquera outra variación que se produza no anteriormente declarado.

g) Que todo o persoal contratado que vai participar no proxecto non foi condenado por sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e o abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, en aplicación do artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil, así como que as persoas voluntarias que van participar no proxecto e que están relacionadas con menores de idade non teñen antecedentes penais non cancelados por delitos de violencia doméstica ou de xénero, por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e indemnidade sexual do outro cónxuxe ou dos fillos/as, ou por delitos de tráfico ilegal ou inmigración clandestina de persoas, ou por delitos de terrorismo en programas cuxas persoas destinatarias fosen ou poidan ser vítimas destes delitos, en aplicación do previsto no artigo 8.4 da Lei 45/2015, do 14 de outubro, de voluntariado.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que vai presentar a entidade solicitante de forma electrónica supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a entidade interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

6. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das entidades interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para tramitar o procedemento regulado nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Estatutos da entidade.

d) Certificados de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os correspondentes documentos acreditativos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Procedemento de concesión e resolución das axudas

1. O procedemento de concesión da axuda é o de concorrencia non competitiva, de acordo co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, por non ser necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos ao terse en conta os resultados da valoración realizada pola Administración xeral do Estado na convocatoria de 2016 con base en criterios obxectivos.

2. Para a instrución do procedemento constituirase unha comisión integrada por unha persoa funcionaria en representación de cada un dos órganos competentes por razón da materia. Para estes efectos, a Secretaría Xeral Técnica de Política Social solicitará aos ditos órganos a designación da súa representación.

3. As axudas tramitaranse por un procedemento abreviado en que o órgano instrutor, tras comprobar a concorrencia dos requisitos requiridos para conceder a subvención, elevará ás persoas titulares das direccións xerais correspondentes un informe proposta en que se concreten as entidades susceptibles de obter axuda e a contía que lle corresponde a cada unha delas, así como as que non o son e as súas causas.

4. A resolución destas axudas correspóndelle á persoa titular da Consellería de Política Social, por proposta das persoas titulares das direccións xerais correspondentes, no prazo de tres meses contado desde o día seguinte ao da data en que a solicitude teña entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes teranse por desestimadas.

5. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interporse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución se o acto é expreso, e se non o é, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interporse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

6. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

As entidades están obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha vía diferente.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

7. A concesión dunha subvención ao abeiro desta orde non conleva obriga ningunha por parte do órgano convocante de adxudicar subvencións nos seguintes exercicios económicos para programas similares.

Artigo 12. Modificación da resolución

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, segundo o artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 13. Obrigas das entidades beneficiarias

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde estarán obrigadas a:

a) Executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención e cumprir o seu obxectivo.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou a adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real.

c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

d) No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, a entidade beneficiaria debe destinar os ditos bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante un prazo que non pode ser inferior a cinco anos no caso de bens susceptibles de inscrición nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens.

e) Proceder ao reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora correspondentes, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia, nos seguintes supostos:

1º. Incumprimento das condicións establecidas para conceder a subvención: reintegro do 100 % da axuda concedida.

2º. Incumprimento da obriga de xustificar o pagamento nos termos establecidos no artigo 14 desta orde: reintegro do 2 % da axuda concedida no caso de que o atraso na presentación sexa de ata 10 días, do 10 % no caso de que o atraso sexa superior a 10 días e inferior a 20 días, e do 100 % da axuda concedida no caso de que o atraso na presentación sexa igual ou superior a 20 días.

3º. Non dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento nos termos establecidos na letra j) deste artigo: reintegro do 2 % da axuda concedida.

4º. Aplicación da subvención a conceptos de gasto e a ámbitos territoriais doutras comunidades autónomas ou a programas diferentes aos cales figuran na solicitude: reintegro do 100 % da axuda concedida.

5º. Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como nos supostos establecidos no artigo 33 desta mesma lei e/ou calquera outro que resulte da normativa aplicable, e non recollido nos puntos anteriores: reintegro de ata o 100 % da axuda concedida.

f) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme coa disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Conservar os documentos xustificativos orixinais da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

i) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

j) Incorporar de forma visible no material de difusión dos programas subvencionados o seu financiamento público.

k) Ter subscrito unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade e de responsabilidade civil a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados conforme o previsto nos artigos 7.g) e 11.i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

l) Cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

m) Calquera outra obriga imposta ás beneficiarias na normativa estatal ou autonómica aplicable, así como nesta orde.

Artigo 14. Xustificación e pagamento

1. O pagamento do 100 % da subvención concedida realizarase nun único prazo, que terá carácter de pagamento anticipado e farase efectivo unha vez realizada a notificación da subvención, e en todo caso realizarase en 2017.

2. As entidades que ao abeiro desta convocatoria reciban un importe igual ou superior a 50.000 € realizarán a xustificación a través de conta xustificativa con achega de informe de auditoría, de acordo co regulado no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A verificación que debe realizar a auditoría de contas, en todo caso, terá o seguinte alcance:

a) O cumprimento por parte das entidades beneficiarias das obrigas establecidas nesta orde e no resto da normativa que lle é de aplicación na xestión e aplicación da subvención.

b) A adecuada e correcta xustificación da subvención por parte das entidades beneficiarias.

c) A realidade e a regularidade das operacións que, de acordo coa xustificación presentada polas entidades beneficiarias, foron financiadas coa subvención.

d) O adecuado e correcto financiamento das actividades subvencionadas.

e) Acreditación documental, material e/ou gráfica (fotografías, fotocopias, captura de pantallas) do cumprimento da obriga de información e publicidade do financiamento público da acción subvencionada.

3. As entidades que reciban un importe inferior a 50.000 € poderán optar, á súa elección, por realizar a xustificación a través de conta xustificativa con achega de informe de auditoría, nos termos previstos no punto dous deste artigo, ou a través da conta xustificativa con achega de xustificantes de gasto, regulada no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

No suposto de que se xustifique a través da conta xustificativa con achega de xustificantes de gasto, deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención.

b) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, e data de emisión e de pagamento.

c) Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, orixinais ou copias compulsadas, do total dos gastos realizados, xunto cos xustificantes bancarios que acrediten o seu pagamento.

d) Acreditación documental, material e/ou gráfica (fotografías, fotocopias, captura de pantallas) do cumprimento da obriga de información e publicidade do financiamento público da acción subvencionada.

e) Se o importe do gasto subvencionable supera as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, a entidade beneficiaria deberá presentar copia compulsada do expediente de contratación, de ser o caso, e como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto fose realizado con anterioridade á solicitude da subvención. A elección entre as ofertas presentadas deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

4. De acordo co artigo 42.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, para os efectos da súa consideración como subvencionable, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias asinados e selados, onde deberán constar claramente identificados o receptor e emisor do pagamento, o número de factura obxecto do pagamento e a súa data.

5. A data límite de presentación da xustificación é o 15 de febreiro de 2019.

Artigo 15. Publicidade das axudas concedidas

A publicidade das subvencións realizarase segundo dispón a normativa vixente. No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, programa e crédito orzamentario, listaxe de beneficiarias, nome das operacións, contía de fondos públicos asignados a cada operación e finalidade da subvención, en aplicación do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Igualmente, publicarase na correspondente páxina web oficial nos termos previstos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.

Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

Artigo 16. Infraccións e sancións

Ás entidades beneficiarias das axudas reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 17. Control e verificación

Todas as axudas concedidas ao abeiro desta orde estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa normativa de desenvolvemento, e ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 18. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación son autorizados polas entidades interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos no ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar este procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a dita secretaría xeral, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a sxt.politicasocial@xunta.gal

Artigo 19. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o órgano ou entidade responsable da iniciativa, a Consellería de Política Social, publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

3. Así mesmo, a consellería concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, entidade beneficiaria, cantidade concedida e a finalidade da subvención, ao abeiro do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 20. Información ás persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo poderase obter información no teléfono 012, no enderezo electrónico sxt.politicasocial@xunta.gal, ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, na Dirección Xeral de Inclusión Social, na Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade e na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

ANEXO I

A) Relación de programas, prioridades e requisitos da convocatoria de subvencións con cargo á asignación tributaria do imposto sobre a renda das persoas físicas (ano 2017).

I. Programas de atención ás persoas con necesidades de atención integral sociosanitaria.

1. Programas de urxencia.

Descrición. Os programas terán como obxectivo principal promover a inclusión social atendendo as necesidades básicas, urxentes e puntuais das persoas en situación de pobreza e vulnerabilidade para garantir a súa saúde.

As prestacións e actividades subvencionables deberán ir destinadas á poboación en exclusión con carácter xeral, sen limitacións debidas á posible pertenza das persoas destinatarias á propia organización, e non poderán financiar os servizos ou o pagamento de cotas á entidade que proporciona a axuda.

Estas axudas non poderán destinarse á entrega de cartos directamente á persoa beneficiaria, excepto nos pagamentos das mensualidades de aluguer e gastos de subministracións da vivenda do usuario (luz, auga, teléfono e gas).

Prioridades:

1.1. Programas destinados á cobertura de bens de primeira necesidade das persoas e familias máis necesitadas mediante comedores sociais, entrega de alimentos, roupa e produtos de hixiene; axuda para o pagamento de recibos de subministracións, transporte público e gastos sanitarios, así como aqueles gastos das familias máis vulnerables con fillos/as a cargo, derivados da súa escolarización (financiamento de libros, uniformes e material escolar e gastos de comedor e transporte escolar).

No caso dos comedores sociais poderase financiar a dotación de equipamento básico. Os requisitos e documentación que se deben presentar para iso determínanse no punto IV deste anexo.

1.2. Programas de mediación, apoio e asesoramento para as persoas e familias máis vulnerables co fin de previr a exclusión residencial que poida derivar en situacións de extrema necesidade. Prevese o pagamento de recibos de alugueres e de estadías curtas en aloxamentos (hostais, pensións, outros) e a mediación para o aluguer de vivendas.

1.3. Programas de voluntariado dirixidos á atención de persoas sen apoio familiar con enfermidades crónicas e/ou con estadías de longa duración en hospitais, centros residenciais ou servizos domiciliarios.

1.4. Programas para a formación de voluntariado para paliar as situacións de urxencia social.

Requisitos:

Os programas deberán describir concreta e amplamente como se van desenvolver as actuacións, así como describir as accións de acompañamento previstas para a inclusión social das persoas destinatarias das axudas, ademais de concretar os perfís e criterios establecidos para a súa selección.

Os programas deberán acreditar de forma explícita, e por escrito, a súa colaboración cos servizos sociais públicos municipais ou autonómicos da zona de actuación, salvo nos casos de programas de voluntariado.

2. Programas de intervención para familias con necesidades especiais de atención integral sociosanitaria.

Descrición. Os programas establecen actuacións de intervención sociosanitaria para familias que se atopen nas seguintes situacións:

Familias que fosen vítimas de accións violentas ou en cuxo seo se produza violencia familiar, dando preferencia á intervención coas vítimas, con especial atención ás/aos menores afectados.

Familias en que convivan persoas con necesidades especiais de coidado, especialmente nenos, nenas e adolescentes.

Prioridades:

2.1. Os programas que se realicen en zonas ou barrios desfavorecidos.

2.2. Os programas que prevexan actuacións con familias que presenten alto risco de exclusión social.

2.3. Os programas que establezan mecanismos de coordinación cos servizos sociais e outros recursos existentes na zona.

2.4. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Os programas deberán prever intervencións sociosanitarias de carácter integral individualizadas por grupo familiar.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

3. Programas de promoción de relacións familiares saudables mediante a prevención e xestión da conflitividade familiar.

Descrición. Os programas están dirixidos a facilitar pautas e recursos ás familias que se enfrontan a situacións de conflitividade xerada polas interaccións entre os seus membros, que contribúan a previr situacións de risco ou a reducir os seus efectos negativos sobre a saúde. Destínanse prioritariamente a familias que polos seus baixos ingresos non poden acceder á oferta privada existente.

Prioridades:

3.1. Programas de orientación e intervención psicoterapéutica para familias que presentan conflitividade familiar, co fin de previr ou tratar situacións de risco que poidan xerar unha deterioración do benestar emocional e físico dos seus membros ou da convivencia familiar, incluíndo a intervención ante situacións de violencia filioparental.

3.2. Programas de mediación familiar como proceso de negociación non conflitiva nas situacións de ruptura da parella e outros supostos de conflitividade familiar onde estea indicada, primando en todo o proceso o interese dos e das menores.

3.3. Programas para a promoción dos puntos de encontro familiar para fomentar os espazos de encontro adecuados para o exercicio dos dereitos e deberes parentais despois da ruptura de parella ou outras situacións derivadas de sentenzas xudiciais ou resolucións administrativas en que deba facilitarse o encontro entre o/a menor e o proxenitor non custodio e/ou a familia biolóxica, nun ambiente seguro que garanta o seu benestar emocional e físico.

Requisitos:

Os programas dirixiranse preferentemente a familias desfavorecidas ou en situación de conflito, e garantirase en todo caso a gratuidade para aquelas unidades familiares con ingresos inferiores ao dobre do IPREM (indicador público de renda de efectos múltiples).

As intervencións serán, en todo caso, individualizadas por núcleo familiar.

Os/as profesionais que leven a cabo estes programas deberán contar coa experiencia e formación adecuada ao tipo de intervención que realicen e formar parte dun equipo multidisciplinar, en especial nos programas de puntos de encontro familiares, co fin de poder intervir en situacións de alta conflitividade familiar e visitas tuteladas.

Os puntos de encontro familiar deben contar cun protocolo de actuación específico para os casos de violencia de xénero.

4. Programas de apoio á crianza saudable e positiva dos fillos e as fillas.

Descrición. Estes programas deberán estar orientados a fortalecer a capacidade e a responsabilidade familiar, da mocidade e comunitaria para mellorar as condicións de saúde, promovendo estilos de vida familiares saudables e facilitando ás persoas que exercen responsabilidades parentais pautas de crianza positivas dos nenos e as nenas e adolescentes ao seu cargo, atendendo ao seu interese superior, nun ambiente non violento.

Prioridades:

4.1. Actividades que se desenvolvan en zonas desfavorecidas ou no ámbito rural ou que inclúan intervencións en contornas familiares de especial vulnerabilidade ou dificultade social.

4.2. Os proxectos que prevexan actuacións nas áreas de saúde, seguimento escolar, pautas de crianza e socialización, entre outras.

4.3. Intervencións a cargo de profesionais especialistas en atención ás familias realizadas mediante visitas domiciliarias ao núcleo familiar ou intervencións grupais.

4.4. Actuacións dirixidas á difusión, sensibilización ou promoción da parentalidade positiva.

Requisitos:

Os/as profesionais que leven a cabo estes programas deberán contar coa experiencia e formación adecuada ao tipo de intervención que vaian desenvolver.

5. Programas de prevención e promoción da saúde dirixidos á poboación inmigrante.

5.1. Programas de prevención e información dirixidos á vacinación infantil.

5.2. Programas dirixidos á poboación inmigrante de saúde sexual e reprodutiva.

5.3. Programas de investigación ou análise sobre a prevalencia de determinadas enfermidades na poboación de orixe inmigrante e sobre os determinantes de saúde desta poboación.

5.4. Programas que supoñan a realización de talleres de formación e o deseño de materiais co fin de erradicar a mutilación xenital.

5.5. Programas que fomenten a mediación sociosanitaria.

5.6. Programas que fomenten a formación de profesionais da saúde no ámbito intercultural.

Requisitos:

Os/as profesionais que leven a cabo estes programas deberán contar coa experiencia e formación adecuada á atención que vaian desenvolver.

6. Programas de atención sociosanitaria destinados a persoas sen fogar e sen aloxamento digno.

Descrición. Os programas teñen como obxectivo establecer estratexias de carácter integral para favorecer a rehabilitación e a progresiva inclusión social das persoas sen fogar.

Prioridades:

6.1. Programas dirixidos ao establecemento de equipos multidisciplinares de traballo de rúa de atención sociosanitaria que favorezan o acceso ao sistema de saúde normalizado e a recursos de atención e intervención social, e que actúen en coordinación co conxunto da rede de recursos.

6.2. Programas de creación de dispositivos de acollida en período de convalecencia para persoas sen fogar con alta hospitalaria e persoas con enfermidades terminais que carezan de vivenda e outras redes de apoio.

6.3. Programas de aloxamento temporal en pisos tutelados e centros de día, centros de acollida e aloxamento de media e longa estadía, co fin de previr ou paliar a súa deterioración física e problemas de saúde, especialmente a enfermidade mental, alcoholismo, adiccións e outros estados asociados á súa situación de sen fogar.

6.4. Programas de atención a persoas sen fogar que garantan a vivenda primeira seguindo modelos como o denominado housing first.

6.5. Programas para a formación e promoción do voluntariado en atención a estas persoas.

Nos programas citados anteriormente, financiarase a adecuación e mellora de centros, así como a dotación de equipamento. Os requisitos e documentación que se debe presentar para iso determínanse no punto IV deste anexo.

Requisitos:

Os programas deberán acreditar, por escrito, a súa colaboración cos servizos sociais públicos municipais ou autonómicos da zona de actuación e, no caso dos programas dirixidos a persoas con enfermidades terminais e convalecentes, deberán acreditar a súa colaboración cos servizos sanitarios.

Os programas deberán recoller amplamente as accións concretas para a inclusión social das persoas destinatarias e concretar o número de beneficiarios/as directos, as súas características en relación coas accións que se van desenvolver e os criterios establecidos para a súa selección.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

7. Programas de promoción e educación para a saúde da poboación xitana, con especial incidencia nas mulleres.

Descrición. Os programas van destinados a mellorar a situación de saúde da poboación xitana, en especial das mulleres, co fin de reducir as desigualdades en saúde respecto da poboación xeral.

Prioridades:

7.1. Programas de información, sensibilización e capacitación en materia de saúde que conteñan aspectos educativos e de adquisición de habilidades relacionadas co desenvolvemento de hábitos de vida saudables e preventivos. Merecerán especial consideración aqueles programas orientados ao empoderamento das mulleres xitanas como axentes de promoción integral da saúde, así como aqueles programas dirixidos á formación en mediación intercultural de profesionais do ámbito sociosanitario.

7.2. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Os programas deberán describir amplamente as actuacións concretas, indicar o número de persoas beneficiarias directas, especificar os perfís de exclusión e os criterios establecidos para a súa selección. Os horarios das actividades deberán ser deseñados de acordo coas necesidades e intereses das mulleres.

Os/as profesionais que leven a cabo estes programas deberán contar con experiencia e formación adecuada ao tipo de intervención e/ou formación que realicen.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

8. Programas de atención integral dirixidos á promoción da autonomía persoal das persoas con discapacidade.

Descrición. Programas sociosanitarios dirixidos a mellorar a calidade de vida, a autonomía persoal e a inclusión social das persoas con discapacidade favorecendo a súa permanencia na contorna en que desenvolven a súa vida.

Prioridades:

8.1. Programas de atención integral que faciliten ás persoas con discapacidade a súa autonomía persoal, incluíndo o apoio no exercicio da súa capacidade xurídica; o apoio a persoas con discapacidade con alteracións da saúde mental; a inclusión de persoas con discapacidade que, ademais, se atopan noutras situacións que incrementan a súa exclusión social (tales como persoas con discapacidade sen fogar, persoas con discapacidade de etnia xitana, nais con discapacidade solteiras, persoas con discapacidade estranxeiras); e a mulleres con discapacidade, especialmente a aquelas con cargas familiares, ou que vivan no medio rural.

8.2. Programas que fomenten o apoio ao envellecemento activo das persoas con discapacidade.

8.3. Programas que promovan a prevención, identificación e diagnóstico precoz de deficiencias.

8.4. Programas culturais, deportivos e de participación en xeral en que se favoreza a presenza conxunta de persoas con e sen discapacidade.

8.5. Programas de investigación no ámbito sociosanitario que permitan mellorar a autonomía persoal das persoas con discapacidade.

8.6. Programas de creación de sistemas de información e estatísticos que permitan a avaliación da situación das persoas con discapacidade para poder mellorar a súa calidade de vida.

8.7. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

8.8. Proxectos de transporte e mobilidade porta a porta para fomento da autonomía.

8.9. Programas que promovan a autonomía persoal facilitando a comunicación, a mobilidade e accesibilidade das persoas con discapacidade.

8.10. Programas de atención integral que faciliten ás persoas con discapacidade a súa autonomía persoal a través da utilización de tecnoloxías, produtos ou servizos relacionados coa información e a comunicación ou outros servizos que faciliten a dita autonomía persoal, a súa permanencia no domicilio e no seu ambiente social e familiar, incluídos aqueles relacionados coa accesibilidade de calquera tipo a lugares, servizos e produtos.

Requisitos:

Deberán estar establecidos os criterios sociais que se deben aplicar para a selección das persoas usuarias e o réxime de achega económica polos servizos que se vaian recibir.

Os programas que inclúan produtos de apoio ou instrumentos necesarios para o normal desenvolvemento da vida cotiá e acceso á información deberán ter previsto o retorno dos instrumentos fornecidos para a súa reutilización, sempre que a súa natureza o permita.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

9. Programas de promoción e adecuación de centros e unidades de atención a persoas maiores e a persoas con discapacidade.

Descrición. Os programas teñen como obxectivo a terminación de programas ou proxectos de investimento financiados en convocatorias anteriores que estean pendentes de conclusión.

Prioridades:

9.1. Os programas ou proxectos de investimento que fosen financiados en convocatorias anteriores e estean pendentes de conclusión e ata a súa conclusión.

9.2. A realización de obras de adaptación para adecuar as infraestruturas dos centros para persoas en situación de dependencia á normativa vixente.

Requisitos e documentación que se debe presentar:

Os que se determinan no punto IV deste anexo.

10. Programas de apoio e descanso para familiares coidadores de persoas con discapacidade.

Descrición. Os programas teñen como obxectivo o apoio e o descanso para as familias coidadoras que teñen ao seu cargo persoas con discapacidade, favorecendo a súa permanencia no domicilio familiar.

Prioridades:

10.1. Programas que promovan o desenvolvemento das habilidades e competencias adecuadas nas familias e persoas coidadoras para o exercicio de coidado, apoio, atención e educación das persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia que teñen ao seu cargo; así como a axuda mutua familiar.

10.2. Programas que promovan servizos transitorios de aloxamento de familias desprazadas por motivos médicos e en períodos de convalecencia.

10.3. Programas que promovan servizos de respiro, tales como servizos de acompañamento circunstancial diúrno, nocturno, en tempo libre, en fins de semana, en períodos vacacionais, descansos en postoperatorios e outros servizos transitorios análogos.

10.4. Programas dirixidos a familias monoparentais, a mulleres con discapacidade, a familias cuxo proxenitor sexa persoa con discapacidade e a familias no medio rural que teñen ao seu cargo persoas con discapacidade.

10.5. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Que estean establecidos os criterios sociais que se van aplicar para a selección das persoas usuarias e o réxime de achega económica polos servizos que se vaian recibir.

Os programas de voluntariado deberán concretar o número de persoas voluntarias e de beneficiarias atendidas.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

11. Programas dirixidos a promover a saúde integral das mulleres.

Descrición. Programas que fortalezan a saúde das mulleres durante todo o seu ciclo vital e en situacións de especial vulnerabilidade.

Prioridades:

11.1. Programas dirixidos á educación da saúde sexual e reprodutiva en todo o ciclo vital (menores, mulleres en idade fértil, maiores, no ámbito da promoción da saúde e da prevención da enfermidade).

11.2. Programas dirixidos a proporcionar o benestar das mulleres embarazadas e menores en xestación e ás nais en situación de postparto e lactación.

11.3. Programas dirixidos á prevención dos problemas de saúde específicos de mulleres (menopausa, oncolóxicos, etc.).

11.4. Programas integrais de atención á saúde das mulleres vítimas das distintas formas de violencia contra a muller e das súas fillas e fillos.

11.5. Programas integrais de atención á saúde de mulleres en situación de prostitución.

11.6. Programas integrais de atención á saúde das mulleres que se atopan en situacións vulnerables e/ou de exclusión social.

11.7. Programas de promoción de hábitos de vida saudables mediante a intervención socioeducativa que fomente a participación das mulleres a través de actividades formativas e a participación das mulleres a través de actividades culturais e de tempo libre, con especial repercusión na súa saúde e na da súa familia.

11.8. Programas de formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Os programas deberán concretar os perfís de exclusión social e os criterios establecidos para a selección das mulleres co devandito perfil.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

Os programas deberán establecer un sistema de avaliación de resultados.

A entidade solicitante presentará unha declaración en que manifeste a súa intención de colaborar cos servizos públicos competentes.

12. Programas de atención sociosanitaria dirixida a persoas recluídas, exreclusas e sometidas a medidas alternativas.

Descrición. Programas de atención sanitaria e rehabilitación a persoas con adiccións, de atención sociosanitaria e rehabilitación psicosocial a persoas con enfermidade mental, de atención sociosanitaria a persoas afectadas polo VIH/sida e outras enfermidades, a persoas con discapacidade física ou intelectual e a persoas transexuais.

Prioridades:

12.1. Prevención, educación para a saúde-formación de mediadores, redución de danos, deshabituación, incorporación social.

12.2. Prazas en réxime de internado a pacientes terminais, apoio e información, prevención, educación para a saúde-mediadores de saúde, apoio a persoas con enfermidades crónicas, atención a enfermos/as con necesidade de coidados paliativos, atención sociosanitaria e rehabilitación psicosocial a persoas con enfermidade mental, atención a persoas con patoloxía dual e de apoio á rehabilitación psiquiátrica.

12.3. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Os programas deben especificar o centro penal e/ou provincia de actuación.

Os programas deben adaptarse ás instrucións de intervención de organizacións non gobernamentais e entidades colaboradoras ditadas polas administracións penais competentes. Debe acompañarse de memoria de avaliación dos resultados obtidos no caso de programas que estivesen en funcionamento con anterioridade e non debe constar informe desfavorable sobre eles por parte dos centros penais onde se levaron a cabo.

No caso dos programas de atención sociosanitaria a persoas afectadas polo VIH/sida e outras enfermidades, son requisitos: que os programas faciliten a súa excarceración a través de casas de acollida e/ou apoio domiciliario; que os programas favorezan a excarceración e prevexan unidades para coidados paliativos con atención sanitaria e social. Que os programas de atención a persoas con enfermidade mental, persoas con discapacidade intelectual e patoloxía dual deben conectar as persoas internas e/ou as súas familias cos recursos da contorna (saúde mental, ONG, UTT, CC.SS.MM., centros residenciais), coordinándose con eles co fin de conseguir unha continuidade da intervención.

Nos programas de atención a persoas con discapacidade física, intelectual e sensorial, é requisito que recolla unha atención integral, tanto no interior do centro penal como no exterior, contando en caso de necesidade con acollida na excarceración.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

13. Programas de atención sociosanitaria dirixidos á mocidade.

Descrición. Os programas teñen como obxectivo desenvolver actitudes de prevención ante os riscos contra a saúde e de promoción de hábitos de vida saudable.

Prioridades:

13.1. Programas de educación para a saúde que establezan actuacións na prevención de enfermidades de transmisión sexual, trastornos da conduta alimentaria e embarazos non desexados.

13.2. Programas de educación viaria que recollan actuacións encamiñadas á sensibilización e prevención de accidentes de tráfico entre a mocidade.

13.3. Programas dirixidos preferentemente a mozos/as en situación desfavorecida ou en risco de exclusión social.

13.4. Programas que favorezan a participación e formación de persoal voluntario.

Requisitos:

Os programas deberán dispoñer de sistemas internos de seguimento e avaliación.

Nos programas en que se prevexa a participación do persoal voluntario deberá concretarse o seu número e formación.

14. Programas de atención integral ás persoas maiores a través de servizos que faciliten a súa permanencia no domicilio e na súa contorna social e familiar, así como os dirixidos ao apoio das súas familias e persoas coidadoras.

Descrición. Programas dirixidos a persoas maiores que requiran dunha atención sociosanitaria e cuxas necesidades non estean a ser atendidas neses momentos por outros recursos públicos, e comprenden:

Axudas técnicas e coidados a través das novas tecnoloxías que permitan un maior grao de autonomía.

Atención persoal de carácter temporal, en postoperatorio.

Apoio e formación sanitaria a persoas coidadoras.

Servizos de acompañamento para a realización de visitas médicas.

Atención e coidado persoal no domicilio e asistencia doméstica, incluídas subministracións externas de comida e lavandaría.

Atención sociosanitaria en centros de día e centros de noite.

Prioridades:

14.1. Programas dirixidos a persoas maiores con cargas familiares ou que vivan soas.

14.2. Programas dirixidos a persoas maiores dependentes.

14.3. Programas dirixidos a persoas maiores que vivan en grandes cidades e en municipios do ámbito rural e que estean en situación de especial dificultade.

14.4. Programas dirixidos a persoas maiores incapacitadas legalmente.

14.5. Programas de apoio ás familias e ás persoas coidadoras, preferentemente ás persoas coidadoras da familia.

14.6. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Os programas que inclúan axudas técnicas deberán ter previsto o retorno dos aparellos fornecidos para a súa reutilización.

Deberán incorporar indicadores de calidade e de cumprimento de obxectivos.

Os programas de atención en centros de día e centros de noite deberán comprender as áreas de atención social e sanitaria, así como o persoal específico, cualificado e suficiente para o seu desenvolvemento.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

15. Programas de apoio ao mantemento de redes de servizos de atención sociosanitaria a persoas con adiccións.

Descrición. Programas dirixidos á prevención das adiccións ou ao aumento na idade de inicio no consumo de sustancias adictivas.

Programas dirixidos á promoción de estilos de vida saudables entre menores con consumos problemáticos de sustancias ou condutas adictivas.

Programas dirixidos á atención das adiccións desde un modelo de atención biopsicosocial.

Programas de inserción sociolaboral de pacientes con adiccións.

Prioridades:

15.1. Aqueles programas que desenvolvan as accións incluídas en documentos de planificación da Comunidade Autónoma de Galicia ou entidades locais galegas.

15.2. Aqueles programas dirixidos á prevención e tratamento da ludopatía.

15.3. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Os programas deberán conter accións de formación sociosanitaria xeral e específica, orientadas á adquisición dos coñecementos técnicos e das habilidades adecuadas, cando este sexa un elemento esencial para a consecución dos obxectivos e resultados previstos.

Os programas deberán concretar as accións para desenvolver e as evidencias científicas que os sustentan, o número de persoas voluntarias e o número de persoas beneficiarias directas, especificando as persoas atendidas máis vulnerables.

Os programas deberán dispoñer de sistemas internos de seguimento e avaliación de resultados.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

16. Programas de apoio ao mantemento de servizos de atención a persoas con VIH e sida.

Descrición. Estes programas teñen como finalidade dar continuidade aos programas de atención sociosanitaria a persoas con VIH e sida.

Prioridades:

16.1. Programas de mantemento de pisos de acollida para persoas con VIH/sida en situación de exclusión social e/ou procesos inmunolóxicos severos.

16.2. Programas de apoio integral biopsicosocial a persoas con VIH/sida.

16.3. Programas de intervención asistencial e seguimento da adherencia ao tratamento antirretroviral en persoas con VIH/sida.

16.4. As establecidas en plans de actuación para a prevención e control de VIH e outras infeccións de transmisión sexual, impulsados pola Administración da Comunidade Autónoma ou entidades locais galegas.

16.5. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Os pisos e/ou casas de acollida contarán coa estrutura necesaria e adecuada para a consecución dos obxectivos.

Os programas deberán conter accións de formación sociosanitaria xeral e específica, orientadas á adquisición dos coñecementos técnicos e das habilidades adecuadas cando este sexa un elemento esencial para a consecución dos obxectivos e resultados previstos.

Os programas deberán concretar as accións para desenvolver e as evidencias científicas que os sustentan e o número de persoas beneficiarias directas, especificando as persoas atendidas máis vulnerables.

Os programas deberán dispoñer de sistemas internos de seguimento e avaliación de resultados.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

II. Programas de atención ás persoas con necesidades educativas ou de inserción laboral.

17. Programas de promoción da educación, sanidade e calidade de vida infantil e protección dos dereitos da infancia.

Descrición. Os programas pretenden promover o desenvolvemento educativo e sociosanitario da infancia, fundamentalmente a través de actividades educativas, culturais e de tempo libre que fomenten hábitos de vida saudable, favorezan a participación infantil, a inclusión social e/ou axuden á sensibilización sobre os dereitos da infancia, así como facilitar o intercambio de información institucional que posibilite a relación dos nenos e nenas e das familias.

Prioridades:

17.1. Programas que se desenvolvan con nenos e nenas en situación de risco e que propoñan accións preventivas e de intervención, complementarias dos servizos normalizados educativos, de tempo libre ou de servizos sociais.

17.2. Programas que se desenvolvan en servizos educativos ou de tempo libre en áreas desfavorecidas e/ou zonas de risco social, mediante colaboración de entidades e municipios, unha vez finalizadas as actividades escolares diarias. Terán, ademais, como finalidade a conciliación da vida familiar e laboral das familias máis desfavorecidas, especialmente durante os períodos vacacionais dos nenos e nenas, e fomentarán a participación e responsabilidade da infancia.

17.3. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Debe existir persoal, espazos e actividades diferenciadas segundo os diferentes tramos de idade.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

18. Programas de atención integral educativa e sociosanitaria en servizos residenciais para infancia en situación de dificultade social.

Descrición. Os programas ofrecen atención educativa e sociosanitaria aos nenos, nenas e adolescentes que están aloxados e conviven en servizos residenciais (centros, pisos ou minirresidencias) de protección á infancia, potenciando factores de desenvolvemento persoal e habilidades sociais para a súa integración e/ou reinserción social.

Nestes programas teranse especialmente en conta as circunstancias das e dos menores estranxeiros non acompañados, así como das e dos menores vítimas de trata por requirir unha atención específica para facilitar a súa integración.

Prioridades:

18.1. Os programas innovadores que establezan criterios de avaliación, apliquen estándares de calidade xerais e de accesibilidade por cada tipo de servizo en acollemento residencial e fomenten a participación dos menores na elaboración da programación de actividades do centro.

18.2. Programas que inclúan aspectos de mediación intercultural para facilitar a adaptación do/a menor ao centro, ademais da relación do persoal técnico coas familias.

Requisitos:

Os centros, pisos ou minirresidencias contarán coa estrutura necesaria e adecuada para a consecución dos obxectivos. Os centros contarán con módulos diferenciados.

Os programas, aínda que só establezan gastos de investimento, deberán ir acompañados do proxecto educativo do centro, así como os obxectivos que este persegue. Ademais, os programas de investimento deben reunir os requisitos e presentar a documentación que se determina no punto IV deste anexo.

19. Programas de fomento da atención a menores con necesidades educativas e sociosanitarias, promocionando a súa necesidade de integración nun medio familiar, mediante a adopción e o acollemento.

Descrición. Os programas de atención educativa e sociosanitaria a través da adopción están dirixidos a menores con necesidades especiais (nenos/as maiores, grupos de irmáns, menores con discapacidades físicas ou psíquicas) que se atopan baixo a tutela das entidades públicas competentes en materia de protección, para favorecer a súa integración nese novo medio familiar.

Os programas de atención educativa e sociosanitaria a través do acollemento familiar están dirixidos a menores que están baixo a garda ou tutela das entidades públicas competentes en materia de protección, ofrecéndolles esta atención nun novo medio familiar como alternativa ao internamento en centros de menores.

Prioridades:

19.1. Acollementos familiares de menores ata seis anos e principalmente ata tres anos.

19.2. Programas que inclúan actividades de preparación e/ou apoio postadoptivo ás familias e aos nenos e nenas.

19.3. Programas de boas prácticas que, baixo a evidencia científica, establezan criterios de calidade e avaliación no acollemento familiar.

20. Programas para a prevención e atención educativa e sociosanitaria ante a violencia cara á infancia.

Descrición. Estes programas pretenden que se leven a cabo accións que permitan a prevención, detección e intervención educativa e sociosanitaria, se for o caso, dos malos tratos e da explotación infantil, así como da violencia entre iguais.

Prioridades:

20.1. Actuacións con familias e/ou menores en situación de risco de malos tratos infantís.

20.2. Actuacións dirixidas á prevención e intervención do abuso e a explotación sexual infantil.

20.3. Actuacións dirixidas á prevención, detección e/ou intervención dos malos tratos nas redes sociais.

20.4. Actuacións dirixidas á prevención, detección, atención e seguimento dos malos tratos infantís no ámbito educativo e de servizos sociais.

20.5. Actuacións dirixidas á prevención, detección e loita contra a violencia entre iguais.

20.6. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

21. Programas de inserción laboral da mocidade en situación de dificultade social, que estean baixo unha medida de protección.

Descrición. O seu obxectivo é promover a integración laboral e social da mocidade, maiores de 16 anos, en situación de dificultade social, que estean ou estiveron baixo unha medida de protección, facilitándolles o aloxamento e convivencia mediante centros, pisos asistidos ou minirresidencias, e/ou os instrumentos e habilidades necesarias para promover a súa autonomía persoal.

Prioridades:

21.1. Programas de acompañamento psicopedagóxico nos itinerarios de inserción laboral.

21.2. Pisos asistidos ou de emancipación.

21.3. Programas de desenvolvemento de actividades formativas e seguimento laboral da mocidade contratados.

21.4. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

A mocidade con que ten lugar a intervención e apoio teñen ou deberon ter unha medida de protección de menores.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

22. Programas dirixidos a facilitar a conciliación entre a vida laboral, familiar e persoal.

Descrición. O seu obxectivo é estender a oferta de servizos que presten atención socioeducativa a nenos/as menores de tres anos que, recollendo un proxecto socioeducativo adecuado, posibiliten a inserción sociolaboral das persoas con responsabilidades familiares mediante unha mellor conciliación entre a vida laboral, familiar e persoal.

Así mesmo, poderán incluírse servizos destinados a prestar apoio directo ás familias con menores de 3 anos, relacionados con pautas de crianza, para cubrir necesidades puntuais de conciliación, espazos de xogo, de encontro familiar ou servizos de respiro, apoio socioeducativo á primeira infancia no ámbito rural, atención domiciliaria e outros de análoga natureza.

Prioridades:

22.1. Servizos con comedor para fillos/as de pais e nais traballadores/as.

22.2. Servizos sen comedor complementarios das funcións de coidado que realiza a familia.

22.3. Servizos de atención socioeducativa a nenos/as e familias do medio rural e poboación dispersa, levados a cabo na propia casa ou noutro espazo autorizado pola Administración competente.

22.4. Servizos que se presten en zonas de forte crecemento demográfico ou de nova creación con poboación socialmente desfavorecida ou en zonas rurais, así como aquelas que requiran un reforzo na dotación de servizos para consolidar o asentamento da súa poboación.

22.5. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Os servizos con horario amplo e comedor deben estar abertos un mínimo de oito horas ao día durante cinco días á semana.

Os servizos complementarios do coidado da familia deben atender os/as nenos/as durante un mínimo de tres horas diarias e realizar unha tarefa socioeducativa coas súas familias durante tres horas semanais como mínimo.

Os servizos deberán contar coa autorización da Administración pública competente ou acreditar que se atopan en trámite de obtela.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

23. Programas de inserción laboral para familias que se atopan en situación de especial dificultade.

Descrición. Os programas deberán conter actuacións de intervención orientadas a facilitar a inserción laboral en familias que se atopen nas seguintes situacións:

Familias en situación de dificultade ou exclusión social.

Familias en situación de risco.

Familias numerosas e familias monoparentais en situación de dificultade social e baixos ingresos.

Prioridades:

23.1. Os programas que se realicen en zonas ou barrios desfavorecidos ou de risco social e que propoñan accións preventivas e de intervención, complementarias dos servizos normalizados educativos e de servizos sociais.

23.2. Os programas que prevexan actuacións con familias que presenten alto risco de exclusión social.

23.3. Os programas que establezan mecanismos de coordinación cos servizos sociais e outros recursos existentes na zona, como os de reinserción laboral, formación laboral, etc.

23.4. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Os programas deberán conter intervencións psicosociais de carácter integral individualizadas por grupo familiar.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

24. Programas de acceso ao emprego para persoas en situación ou en risco de exclusión.

Descrición. Os programas teñen como obxectivo a mellora da empregabilidade e a inserción laboral de persoas en situación ou en risco de exclusión que non acceden ás accións formativas ou ao mercado de traballo normalizados.

Prioridades:

24.1. Programas que faciliten o acceso ao emprego por conta propia ou allea mediante o establecemento de itinerarios personalizados de inserción que combinen diferentes actuacións como información, orientación, formación, práctica laboral e acceso ao microcrédito.

24.2. Programas que conteñan accións de carácter integral co fin de favorecer a inclusión activa a través do emprego, proporcionando, ademais, o acceso a servizos de calidade como educación, sanidade e vivenda e, en xeral, ao sistema de protección social.

Nos programas citados anteriormente, financiarase a adecuación e mellora de centros así como a dotación de equipamento. Os requisitos e a documentación que se debe presentar para iso determínanse no punto IV deste anexo.

24.3. Programas de formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Os programas deberán acreditar, por escrito, a súa colaboración cos servizos sociais públicos municipais ou autonómicos da zona de actuación.

Os programas deberán recoller amplamente as accións concretas para a inserción laboral das persoas beneficiarias, indicando a denominación da actividade, número de horas, número de participantes, as materias para impartir e as accións concretas de adquisición de hábitos sociais e laborais adecuadas ás necesidades do mercado e das propias persoas beneficiarias; ademais deben concretar o número de persoas beneficiarias directas, as súas características en relación ás accións para desenvolver e os criterios establecidos para a súa selección.

Nos programas nos que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

25. Programas de inserción sociolaboral e educativa dirixidos á poboación xitana.

Descrición. Os programas teñen como finalidade a mellora da empregabilidade e a inserción laboral daqueles grupos da poboación xitana que teñen dificultade para acceder ás accións de inserción laboral e formativas para a súa incorporación ao mercado de traballo, así como o fomento da educación e escolarización, a prevención do absentismo e abandono escolar entre o alumnado xitano, e a formación de poboación xitana adulta, en colaboración coa rede pública de servizos sociais e/ou de emprego/educación, recollendo a perspectiva de xénero e a igualdade entre homes e mulleres.

Prioridades:

25.1. Programas de formación dirixidos a potenciar o acceso das persoas xitanas ao emprego, tanto por conta propia como por conta allea, así como a súa inserción sociolaboral a través de itinerarios personalizados.

25.2. Programas de formación empresarial destinados ao mantemento sustentable das actividades de autoemprego da poboación xitana, tales como a venda ambulante.

25.3. Programas de formación de mediadores e mediadoras interculturais nos ámbitos do emprego, acción social, educación, vivenda e saúde. Inclúese neste ámbito a realización de programas de sensibilización, convivencia intercultural, a igualdade de trato e a non discriminación, así como a asistencia a vítimas de discriminación.

25.4. Programas para fomentar a educación infantil, a escolarización obrigatoria, o reforzo educativo extraescolar, a prevención do absentismo e o abandono escolar, así como a continuidade e permanencia nos estudos nos niveis medios e superiores.

Terán prioridade aqueles programas que inclúan a intervención e implicación das familias xitanas e a súa concienciación sobre a importancia da educación e a escolarización.

25.5. Programas integrais para persoas adultas, especialmente mulleres, que inclúan actividades de alfabetización, de aprendizaxe para a participación social, que faciliten o acceso e o coñecemento das tecnoloxías da información e comunicación e que, se é o caso, traballen itinerarios personalizados de inserción sociolaboral.

25.6. Programas socioformativos destinados a persoas xitanas internadas en centros penais, con especial incidencia na poboación xitana feminina reclusa para fomentar a reestruturación familiar e o arraigamento social.

25.7. Programas de acompañamento social a familias xitanas en actuacións de realoxamento ou de acceso a vivenda normalizada.

25.8. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Os programas deberán describir amplamente as actuacións concretas e especificar o número de persoas beneficiarias directas, os perfís de exclusión e os criterios establecidos para a súa selección. Os horarios das actividades deberán ser deseñados de acordo coas necesidades e intereses das mulleres.

Os/as profesionais que leven a cabo estes programas deberán contar con experiencia e formación adecuada ao tipo de intervención e/ou formación que realicen.

Os programas de formación para o emprego deberán incluír materias nas áreas de formación básica e ocupacional, formación profesional xeral e/ou especializada e actividades complementarias.

Os programas de apoio e seguimento nas etapas de educación infantil e obrigatoria e os de prevención do absentismo escolar deberán acreditar a coordinación cos centros escolares da localidade en que se realicen e a implicación activa das familias afectadas.

Os programas que se realicen en centros penais deberán contar coa preceptiva autorización da dirección dos centros de que se trate.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

26. Programas dirixidos a promover a inserción sociolaboral da mocidade e persoas desempregadas de longa duración.

Descrición. O seu obxectivo é promover a integración sociolaboral da mocidade e persoas desempregadas de longa duración, mediante o deseño e a realización de accións integrais de orientación laboral e itinerarios personalizados de inserción laboral.

Prioridades:

26.1. Programas para a mocidade dirixidos á procura de emprego mediante a adquisición de valores, competencias e habilidades.

26.2. Programas que promovan a igualdade no emprego entre a poboación xuvenil.

26.3. Programas para a mocidade que cumpran cos obxectivos do Plan nacional de implantación da garantía xuvenil.

26.4. Programas que desenvolvan sistemas de recoñecemento formal ou non formal de competencias e habilidades que poidan ser obtidas mediante a acción voluntaria.

26.5. Programas de formación e promoción do voluntariado.

Requisitos:

Os programas de emprego dirixiranse á mocidade de entre 14 e 30 anos.

Nos programas de voluntariado deberá concretarse o número.

27. Programas que fomenten a cultura emprendedora, a creación de empresas e o autoemprego, especialmente entre a mocidade.

Descrición. Programas cuxo obxecto sexa a transmisión de coñecementos e habilidades na creación de empresas e no autoemprego ou a creación e desenvolvemento de estruturas de asesoramento para o autoemprego, mediante o reforzamento dos equipos técnicos de intervención directa con persoas desempregadas, ou mediante o acompañamento de persoas voluntarias.

Prioridades:

27.1. Programas que fomenten a cultura emprendedora entre a mocidade.

27.2. Programas que conteñan accións de información, motivación e asesoramento na elaboración de proxectos empresariais.

27.3. Programas que desenvolvan accións formativas a emprendedores e emprendedoras.

27.4. Programas de voluntariado que favorezan o desenvolvemento interxeracional entre persoas maiores voluntarias e persoas mozas na creación de empresas.

Requisitos:

Os programas que fomenten a cultura emprendedora dirixiranse á mocidade de entre 14 e 30 anos.

Nos programas de voluntariado deberá concretarse o número.

28. Programas educativos para a transmisión de valores solidarios entre a mocidade.

Descrición. Programas dirixidos a transmitir entre as persoas novas, a través da educación formal e non formal, os valores do compromiso solidario coas persoas máis desfavorecidas e desenvolver accións preventivas contra o racismo, a xenofobia e todo tipo de discriminación das persoas por razón de sexo, orixe racial ou étnica, nacionalidade, relixión ou crenzas, orientación ou identidade sexual, idade, discapacidade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

Prioridades:

28.1. Programas que elaboren ou desenvolvan contidos educativos ou experiencias que favorezan valores de solidariedade, convivencia, tolerancia, igualdade e participación entre a mocidade, e contribúan a previr e loitar contra o racismo, a xenofobia e todo tipo de discriminación das persoas por razón de sexo, orixe racial ou étnica, relixión ou crenzas, orientación ou identidade sexual, idade, discapacidade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

28.2. Programas de voluntariado en espazos de educación formal ou non formal, que desenvolvan contidos educativos ou experiencias que favorezan os valores da solidariedade, inclusión educativa e a participación comprometida da mocidade.

28.3. Programas de voluntariado que favorezan o compromiso do profesorado e da dirección dos centros escolares na programación de actividades escolares ou extraescolares.

Requisitos:

No caso de programas para a mocidade, os programas deberán concretar as accións que se van desenvolver e dispoñer de sistemas internos de seguimento e avaliación de resultados.

No caso de programas de voluntariado que se desenvolvan en institucións educativas deberán contar coa súa colaboración e autorización.

29. Programas para a inserción sociolaboral das mulleres.

Descrición. Programas dirixidos a impulsar a incorporación e o mantemento das mulleres no mercado laboral, especialmente as que se atopan en situacións de máis vulnerabilidade, así como a facilitar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

Prioridades:

29.1. Programas de formación en novos sectores de emprego (ambiente, novas tecnoloxías, desenvolvemento sustentable, etc.) ou que impliquen acordos con empresas que garantan a inserción profesional dun número de mulleres por programa ou por empresa.

29.2. Programas de formación a colectivos con especiais dificultades ou que inclúan itinerarios de inserción, especialmente prácticas en empresas, e diversificación profesional (mulleres novas, mulleres maiores de 45 anos, mulleres con discapacidade, mulleres transexuais e mulleres que vivan no ámbito rural).

29.3. Programas que ofrezan oportunidades de emprego e autoemprego a mulleres que vivan no mundo rural (formación en novas tecnoloxías, asesoramento para a distribución dos seus produtos a través de redes comerciais, feiras, ambiente, desenvolvemento rural, diversificación de actividades, etc.).

29.4. Programas de promoción da actividade empresarial das mulleres (asesoramento, contacto entre redes empresariais de mulleres, etc.).

29.5. Programas dirixidos a vixiar o cumprimento da normativa laboral en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, especialmente, a igualdade salarial.

29.6. Programas que faciliten a conciliación entre a vida persoal, laboral e familiar.

29.6.1. Os que faciliten a reincorporación ao traballo das mulleres, tras un período de inactividade por coidado de familia.

29.6.2. Os que faciliten a corresponsabilidade entre mulleres e homes.

29.6.3. Os que fomenten a integración da perspectiva de xénero na actividade profesional, mediante actuacións de sensibilización e formación nas empresas, medidas de conciliación, etc.

29.7. Programas que fomenten a integración persoal, social e laboral de mulleres en situación de exclusión social e/ou de especial vulnerabilidade.

29.8. Programas que fomenten a integración persoal, social e laboral de mulleres vítima de delitos relacionados con todas as formas de violencia contra a muller.

29.9. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Os programas deberán concretar as accións para desenvolver, así como os criterios de selección das mulleres dos colectivos con especiais dificultades.

Os programas deberán incluír un sistema de avaliación de resultados.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

30. Programas dirixidos a favorecer a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade.

Descrición. Programas que teñan por obxecto promover o acceso a servizos de formación e orientación profesionais ao emprego ordinario das persoas con discapacidade.

Prioridades:

30.1. Programas que combinen actividades de diferente natureza: información, orientación e asesoramento, habilidades sociais e técnicas de comunicación, formación, práctica laboral e itinerario personalizado de acompañamento, seguimento no proceso de inserción laboral e atención ao alumnado en situación ou risco de exclusión social que finalice o programa de tránsito á vida adulta e laboral (PTVAL) nos centros de educación especial.

30.2. Programas que posibiliten a inserción laboral das persoas con discapacidade e o acceso ao emprego a través do coñecemento das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

30.3. Programas que faciliten o establecemento por conta propia de persoas con discapacidade.

30.4. Programas de información das condicións, obrigacións e beneficios da contratación de persoas con discapacidade a pequenas e medianas empresas.

30.5. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Os programas deberán recoller amplamente as accións concretas de formación e capacitación para a inserción laboral adecuadas ás necesidades do mercado e das propias persoas beneficiarias, tales como servizos de intermediación laboral que desenvolvan un conxunto de accións cuxo fin último sexa contribuír á capacitación e inserción laboral de persoas con discapacidade en contornas normalizadas.

Os programas deberán concretar o número de persoas beneficiarias directas, especificar os seus perfís de exclusión e os criterios establecidos para a súa selección.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

31. Programas para a inserción sociolaboral de persoas reclusas, exreclusas e sometidas a medidas alternativas.

Descrición. Programas para a integración social e laboral, formativos, educativos, culturais e deportivos para internos/as en réxime ordinario e pechado.

Prioridades:

31.1. Formación ocupacional e para o emprego, talleres ocupacionais, orientación laboral, acompañamento e seguimento para a inserción laboral, habilidades sociais e técnicas de comunicación.

31.2. Asesoramento persoal e xurídico, desenvolvemento persoal, pisos de acollida para permisos de saída, creación de unidades dependentes, saídas programadas de tipo terapéutico, programas de igualdade e dereitos humanos.

31.3. Educación para a saúde, idiomas, fomento da lectura e escritura, informática e talleres de novas tecnoloxías, educación ambiental, educación viaria, formación en igualdade e dereitos humanos, talleres formativos con especial incidencia da relación interxeracional, actividades ocupacionais, obradoiros de cinema, teatro e música, saídas culturais e deportivas, deporte de recreación, de competición e escolas deportivas, actividades lúdicas, de lecer e ocupación do tempo libre.

31.4. Programas de acompañamento sociolaboral, formativos, educacionais, culturais e deportivos para internos/as en réxime ordinario e pechado.

Descrición. Programas sanitarios e/ou de atención ás drogodependencias dirixidos a lograr a inserción laboral e integración social, formativos e educativos para internos/as, con medidas en medio aberto e en liberdade condicional.

Prioridades:

31.5. Atención a persoas con adiccións, persoas con VIH e sida e outras patoloxías polivalentes, atención a persoas con enfermidades mentais e persoas con discapacidade intelectual, apoio psicolóxico, apoio a persoas maiores, persoas con enfermidades crónicas e con necesidade de coidados paliativos.

31.6. Formación ocupacional e para o emprego, obradoiros ocupacionais, orientación laboral, técnicas de procura de emprego, acompañamento e seguimento para a inserción laboral.

31.7. Asesoramento persoal e xurídico, acollida para persoas con VIH e sida e outras enfermidades, atención a persoas con discapacidade sensorial e/ou física, violencia de xénero no ámbito doméstico e agresores sexuais, mediación penitenciaria e xustiza retributiva, desenvolvemento persoal, competencia e habilidades sociais, pisos de acollida para persoas en liberdade condicional e definitiva, unidades dependentes.

31.8. Programas formativos de idiomas, informática e actividades ocupacionais, programas deportivos, programas de actividades lúdicas, de lecer e ocupación do tempo libre.

31.9. Programas de acompañamento sociolaboral, formativos, educacionais, culturais e deportivos para internos/as en réxime aberto.

Descrición. Programas de atención aos colectivos específicos de persoas migrantes, de mulleres, de nenos e nenas residentes en centros penitenciarios ou unidades de nais, de mozos/as e de persoas maiores.

Prioridades:

31.10. Asesoramento persoal e xurídico, programas de integración nos valores do sistema democrático e nos valores da cultura occidental, ensino dos idiomas galego e español para persoas estranxeiras.

31.11. Programas de orientación e inserción laboral dirixidos especificamente a mulleres, programas de desenvolvemento persoal, mellora de autoestima, promoción de habilidades saudables e similares, programas de prevención de violencia de xénero e tratamento de vítimas, programas socioeducativos, formativos e de ocupación do tempo libre.

31.12. Saídas programadas con nenos e nenas destinadas a favorecer a súa integración na contorna social, vacacións programadas dos/das nenos/as e as súas nais, saídas de fin de semana dos nenos e as nenas, celebración de festividades para favorecer a relación grupal nun clima lúdico e festivo, programas de intervención cos/coas nenos/as e coas súas nais, gardarías durante a realización de comunicacións.

31.13. Programas de inserción e orientación laboral para a mocidade, programas de sensibilización e prevención da violencia de xénero e doutras condutas antisociais, programas de fomento de hábitos saudables, educación sexual, educación ambiental e similares, programas de intervención socioeducativa que inclúan actuacións individualizadas de apoio psicolóxico e emocional, programas de educación en valores que fomenten a convivencia e a tolerancia.

31.14. Apoio, información, asesoramento persoal e xurídico, apoio a persoas maiores, persoas con enfermidades crónicas e con necesidade de coidados paliativos, programas de intervención socioeducativa que inclúan actuacións individualizadas de apoio psicolóxico e emocional.

Descrición. Programas para a colaboración na suspensión e substitución da execución das penas privativas de liberdade, e para a colaboración no cumprimento de penas privativas de dereitos. Os traballos en beneficio da comunidade en fórmulas de cumprimento mediante programas ou talleres reeducativos.

Prioridades:

31.15. Apoio terapéutico ás persoas con abuso ou dependencia de drogas para a colaboración na suspensión e substitución da execución das penas privativas de liberdade, apoio a programas de tipo formativo, cultural, educativo, profesional, de tratamento psicolóxico, con especial atención ao tratamento a maltratadores por violencia de xénero, no ámbito familiar, agresores sexuais e outros similares.

31.16. Participación en programas formativos, laborais, culturais, de educación viaria, sexual, de defensa do ambiente, de protección dos animais, de igualdade de trato e non discriminación e outros similares, así como programas de deshabituación ao consumo de alcol, drogas tóxicas ou substancias estupefacientes, ou de tratamento doutros comportamentos adictivos, derivados do artigo 90 do Código penal.

Descrición. Programas de voluntariado coas persoas máis vulnerables.

Prioridades:

31.17. Formación das persoas voluntarias.

Requisitos:

Os programas deben especificar o centro penitenciario e/ou provincia de actuación.

Os programas deben adaptarse ás instrucións de intervención de organizacións non gobernamentais e entidades colaboradoras ditadas polas administracións penais competentes.

Debe xuntarse unha memoria de avaliación dos resultados obtidos en anos anteriores e non debe constar informe desfavorable sobre eles por parte dos centros penitenciarios onde se levaron a cabo.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

32. Programas para a inserción sociolaboral das persoas migrantes.

Descrición. O obxecto destas subvencións será a realización de programas que fomenten a integración sociolaboral, o retorno, a reagrupación familiar, os procesos de acollida e integración das persoas inmigrantes, solicitantes de asilo e outras persoas con protección internacional, en situación de vulnerabilidade, así como a asistencia ás/aos emigrantes españois que retornan ao noso país para facilitarlles o seu reingreso na sociedade española.

Prioridades:

32.1. Programas de información, orientación social e cívica, formación, asesoramento legal, tradución e interpretación, mediación social e intercultural dirixidos a inmigrantes, solicitantes de asilo e outras persoas con protección internacional, que teñan como obxectivo proporcionar e favorecer o acceso aos servizos sociais xerais e a cobertura das necesidades persoais, laborais e sociais que promovan a igualdade de trato e a convivencia cidadá. Así mesmo, recóllense accións formativas e cursos de español e galego que favorezan a inserción social dos recentemente chegados ou de persoas que non alcanzasen un nivel suficiente de idioma que lles permita desenvolverse de forma autónoma.

32.2. Programas para a mediación social e intercultural, ámbito educativo, sanitario, veciñal e social e/ou que promovan a participación social.

32.3. Programas de acollida integral para a atención das necesidades básicas e de apoio á inserción a persoas inmigrantes, solicitantes de asilo e outras persoas con protección internacional que inclúan a creación ou mantemento de prazas de acollida que proporcionen recursos de aloxamento e manutención. Estes programas poderán recoller tamén obras de adaptación, equipamento e reposición de mobiliario e útiles dos distintos aloxamentos.

32.4. Programas de información, orientación, formación e asesoramento sociolaboral a través de itinerarios personalizados de acompañamento, intermediación e seguimento no proceso de procura de emprego e inserción laboral, destinados a potenciar o acceso ao emprego e a promoción da cultura emprendedora.

32.5. Programas que teñan como obxectivo facilitar e favorecer a reagrupación familiar de persoas inmigrantes.

32.6. Programas que teñan como obxectivo o retorno voluntario das persoas inmigrantes aos seus países de orixe e que favorezan a reinserción social, dando prioridade aos colectivos de inmigrantes de especial vulnerabilidade e mulleres vítimas de violencia de xénero en calquera das súas manifestacións.

32.7. Programas de apoio e facilitación da mobilidade xeográfica das e dos traballadores inmigrantes dentro de todo o territorio nacional.

32.8. Programas dirixidos á asistencia de persoas emigrantes españolas retornadas ao noso país, durante o tempo necesario para se poderen acoller aos sistemas xerais de atención.

32.9. Programas que promovan a sensibilización, a igualdade de oportunidades, a loita contra o racismo e a xenofobia e a convivencia intercultural en barrios cunha presenza significativa de poboación inmigrante.

32.10. Programas destinados ao pagamento dos custos de trámites nos consulados dos países de orixe, así como os desprazamentos das persoas usuarias para a obtención dos elementos imprescindibles para a súa normalización documental en España.

32.11. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Que os programas de orientación, información e acollida integral sexan subsidiarios e/ou complementarios daqueles que teñan establecidos as autoridades competentes con carácter xeral para toda a poboación.

Que as persoas beneficiarias necesiten unha acción compensatoria fronte ás dificultades específicas derivadas de formar parte dos colectivos citados.

Que os programas garden relación con aquelas situacións en que as administracións públicas consideren urxente a súa intervención.

Que nos programas referidos á mellora das condicións de habitabilidade, as persoas beneficiarias acrediten a titularidade ou dereito suficiente sobre a vivenda ou aloxamento ou, se é o caso, a autorización da persoa arrendadora, propietaria ou titular do dereito. Será obrigación das entidades solicitantes a comprobación de tales aspectos. Igualmente, deberá constar o compromiso da entidade solicitante de exixir a acreditación da residencia efectiva, así como, se é o caso, de obter as licenzas e permisos pertinentes para a execución da obra.

Que os programas de reagrupación familiar prevexan dispositivos de información sobre a acollida e/ou módulos informativos introdutorios con antelación ou con posterioridade á chegada das e dos familiares reagrupados.

Que as persoas beneficiarias de programas de retorno voluntario non estean incursas en ningún dos supostos de prohibición de saída de España previstos na lexislación de estranxeiría, que acepten o compromiso de non retornar a España no prazo de tres anos, a partir do momento da súa saída para realizar unha actividade lucrativa ou profesional por conta propia ou allea e, no caso dos programas de axuda á viaxe que complementen o Plan de retorno voluntario mediante o aboamento anticipado e acumulado da prestación contributiva por desemprego, teñan recoñecido este dereito por parte do Servizo Público de Emprego Estatal e recibisen o primeiro pagamento da devandita prestación.

Que nos programas de mobilidade xeográfica, as persoas inmigrantes estean en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social e que favorezan a inserción laboral e/ou social das e dos traballadores inmigrantes e das súas familias.

Que os programas dirixidos á asistencia e acollida temporal das persoas retornadas estean coordinados cos servizos sociais de carácter público.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

Que os programas de interpretación e tradución sexan prestados por entidades que conten con profesionais de experiencia e capacidade suficiente para facilitar a prestación destes servizos con garantía de calidade.

33. Programas de inserción sociolaboral para persoas con infección VIH/sida.

Descrición. Teñen como finalidade a mellora da empregabilidade e a inserción laboral das persoas con VIH e sida.

Prioridades:

33.1. Programas de apoio e acompañamento na procura de emprego no seu proceso de inserción laboral.

33.2. Programas de coordinación entre entidades, empresas e sindicatos para a procura de posto de traballo.

33.3. Programas de formación dirixida, capacitación e procura activa de emprego para potenciar o acceso e a inserción laboral.

33.4. Formación e promoción do voluntariado nestes programas.

Requisitos:

Os programas deberán recoller itinerarios de integración laboral personalizados.

Os programas deberán dispoñer de sistemas internos de seguimento e avaliación de resultados.

Nos programas nos que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

III. Programas para o fomento da seguridade cidadá e prevención da delincuencia.

34. Programas residenciais e de execución de medidas no medio aberto para menores en conflito social, susceptibles de materialización polas organizacións non gobernamentais.

Descrición. Estes programas destinados a menores en conflito social teñen por obxecto a intervención con menores que se atopen cumprindo unha medida no medio aberto, ofrecer aloxamento e convivencia en centros, pisos ou minirresidencias ás persoas menores que se atopen cumprindo medidas de internamento, ou desenvolver actuacións derivadas das reparacións extraxudiciais ditadas polos xulgados de menores, promovendo como finalidade a súa educación e inserción laboral.

Prioridades:

34.1. Programas que establezan mecanismos de coordinación que fagan máis eficaz a integración dos e das menores no contexto familiar, social, educativo e laboral.

34.2. Programas innovadores e que prevexan criterios de calidade e avaliación para a mellora da intervención no medio aberto e nos servizos residenciais.

34.3. Programas que consideren a mediación intercultural para facilitar a adaptación do/da menor ao centro, ademais da relación do equipo técnico coas familias.

Requisitos:

Nos programas en que se prevexa a participación de persoas voluntarias deberá concretarse o seu número.

Nos programas residenciais deberán contar coa infraestrutura necesaria e adecuada para a consecución dos obxectivos. As residencias deberán contar, en todo caso, con módulos diferenciados.

Nos programas residenciais, aínda que só recollan gastos de investimento, deberán ir xunto co seu correspondente proxecto educativo e cos obxectivos que persegue. Os programas deberán reunir os requisitos e presentar a documentación que se determine na epígrafe IV deste anexo.

35. Programas para a prevención de delitos relacionados con todas as formas de violencia contra as mulleres, incluída a protección integral das súas vítimas.

Descrición. Programas que teñan por obxecto a prevención de delitos relacionados con todas as formas de violencia contra as mulleres, incluída a protección integral das súas vítimas e os seus fillos e fillas: violencia de xénero, tráfico con fins de explotación sexual, delitos contra a liberdade sexual, mutilación xenital feminina, matrimonios forzados, etc.

Prioridades:

35.1. Programas de información, formación e sensibilización dirixidos a previr a comisión de delitos de violencia contra as mulleres, calquera que sexa a súa expresión.

35.2. Programas que coadxuven á seguridade e protección integral das súas vítimas e os seus fillos e fillas, incluído o aloxamento para facilitar o desprazamento dun territorio a outro.

35.3. Programas dirixidos a grupos especialmente vulnerables (mulleres con discapacidade, mulleres do medio rural, mulleres maiores, mulleres inmigrantes, entre outros).

35.4. Programas de promoción e formación do voluntariado para o acompañamento e apoio ás vítimas de delitos relacionados coa violencia contra as mulleres.

Requisitos:

Os programas deberán incorporar indicadores de calidade e de cumprimento de obxectivos.

Os/as profesionais que leven a cabo estes programas deberán contar coa experiencia e formación adecuada ao tipo de intervención que realicen e formar parte dun equipo multidisciplinar.

Os programas en que se prevexan actuacións con menores deberán garantir a súa atención especializada.

Nos programas en que se prevexa a participación de persoal voluntario deberá concretarse o seu número.

36. Programas destinados a reforzar a atención e orientación a vítimas de discriminación, odio e intolerancia.

Descrición. Os programas teñen como obxectivo crear ou reforzar servizos de atención, asesoramento e orientación xurídica ás persoas que poidan ser obxecto de discriminación directa, indirecta ou calquera outro tipo de discriminación (acoso discriminatorio, discriminación múltiple, discriminación por asociación, etc.), por razón de sexo, orixe racial ou étnica, discapacidade, física ou psíquica, relixión ou crenzas, orientación sexual, identidade de xénero, idade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, así como ás vítimas de delitos de odio e intolerancia, incluídos os de discurso de odio.

Prioridades:

36.1. Programas destinados a prestar atención integral aos casos de discriminación recibidos no servizo ou oficina especializada, por medio dunha metodoloxía sistemática baseada na aplicación dun protocolo de intervención a persoas que sufran ou sufrisen algún incidente discriminatorio ou delito de odio, ou coñezan situacións de discriminación na súa contorna máis próxima, mediante atención presencial, telefónica e en liña.

36.2. Programas que teñan como obxectivo a formación das e dos profesionais encargados de prestar asistencia e tramitar as reclamacións e denuncias das vítimas de discriminación.

36.3. Programas de información e sensibilización dirixidos á cidadanía en xeral e, en particular, aos grupos de poboación que presentan maior vulnerabilidade ante a discriminación, destinados a mellorar o coñecemento dos seus dereitos e dos recursos existentes no caso de que queiran interpoñer unha reclamación ou denuncia.

Preténdese que a través destes programas se incremente o nivel de concienciación e a capacidade de detección de incidentes discriminatorios e delitos de odio por parte da cidadanía, así como o coñecemento de a que recursos cabe acudir para facerlle fronte.

36.4. Programas de promoción e formación do voluntariado para o acompañamento e apoio ás vítimas.

Requisitos:

A poboación destinataria será o conxunto da cidadanía, entendendo por iso que as actividades de formación, información e sensibilización poderán dirixirse a todo tipo de grupos de poboación, así como ás entidades, ONG e axentes implicados na promoción da igualdade de trato e a erradicación da discriminación e dos delitos de odio e intolerancia.

En relación coa asistencia a vítimas de discriminación, esta poderá dirixirse tanto á persoa ou grupo en que se integra, vítima potencial dun incidente discriminatorio, dun delito de odio ou intolerancia, así como ás persoas da súa contorna máis próxima (familiares, coñecidos/as, amigos/as, etc.).

Entenderase por discriminación directa a situación en que se atopa unha persoa ou grupo en que se integra que sexa, fose ou puidese ser tratada de maneira menos favorable ca outras en situación análoga ou comparable. Entenderase por discriminación indirecta a producida cando unha disposición, criterio ou práctica aparentemente neutros ocasiona ou pode ocasionar a unha ou varias persoas unha desvantaxe particular con respecto a outras.

Entenderase por delitos de odio aqueles delitos cometidos por motivos racistas, antisemitas ou outra clase de discriminación referente á ideoloxía, relixión ou crenzas da vítima, a etnia, raza ou nación a que pertenza, o seu sexo, orientación sexual, ou a súa identidade de xénero, a enfermidade que padeza ou a súa discapacidade, incluídos os delitos relacionados co denominado discurso do odio, propagado a través da internet e das redes sociais.

Os programas de asistencia deberán prever a realización das investigacións necesarias para determinar as circunstancias en que se produciu o incidente discriminatorio, a indicación e, se for o caso, derivación aos recursos sociais públicos que corresponda, a redacción de escritos e asistencia xurídica co obxecto de restablecer e reparar os dereitos supostamente vulnerados e a resolución alternativa de conflitos, co consentimento das partes, a través de mecanismos de mediación.

Os programas de asistencia exixirán a apertura dun expediente por cada incidente discriminatorio e a redacción de informes trimestrais de actividades e casos atendidos, e recollerán, polo menos, datos relativos á idade, sexo da vítima, motivo(s) de discriminación, orixe xeográfica, ámbito en que se produce a discriminación (emprego, educación, vivenda, sanidade, etc.), axente discriminador (persoas física ou xurídica) e dereitos vulnerados, ademais dos resultados das actividades de asistencia, descrición das actuacións levadas a cabo, análise dos factores favorables e desfavorables que incidiron nas actuacións e valoración do grao de satisfacción das persoas usuarias do servizo.

Os programas de asistencia incluirán un plan de traballo global que inclúa un catálogo dos servizos que se prestan.

Os programas de asistencia incluirán as actividades formativas necesarias para o persoal que realice o servizo.

Os programas de formación, información e sensibilización incluirán a presentación dun plan de actuacións que detalle a programación de actividades, a proposta metodolóxica e o perfil das persoas destinatarias.

IV. Requisitos e documentación que se debe presentar nos programas que inclúan investimentos.

Requisitos:

O proxecto obxecto de financiamento deberá ter sido financiado en convocatorias anteriores con cargo á asignación tributaria do imposto sobre a renda das persoas físicas, e ademais deberá presentar a memoria explicativa do proxecto de investimento, segundo o modelo dispoñible na páxina web da Consellería de Política Social (http://politicasocial.xunta.gal).

Non se exixe o requisito de que o proxecto fose financiado en convocatorias anteriores cando se trate de financiar o equipamento e as obras de adaptación e rehabilitación de centros e unidades de atención social e sociosanitaria, necesarias para a súa posta en funcionamento e/ou para poder prestar ás persoas unha atención adecuada e de calidade.

Acreditar cofinanciamento, salvo cando se trate de equipamento.

No caso de que o programa presentado supoña dispoñibilidade de novas prazas, deberá documentarse a fórmula prevista para o financiamento destas prazas ou, se é o caso, para o mantemento do centro e da unidade de atención social e sociosanitaria.

Documentación que se debe presentar:

Cando se trate de proxectos de investimento financiados en convocatorias anteriores, declaración do representante da entidade en que conste que o proxecto non sufriu reformas nin revisións ou variacións no prezo inicial.

De ser o caso, certificado da Dirección facultativa relativo á execución da obra realizada ou, noutro caso, do representante legal da entidade executante relativo ás actuacións realizadas. En ambos os casos, os datos serán referidos aos gastos realizados con cargo á convocatoria anterior e concretaranse as anualidades obxecto de financiamento.

Memoria sobre a execución dos investimentos e o grao de cumprimento dos obxectivos previstos, na data de publicación desta convocatoria.

Documento acreditativo de que se dispón de titularidade suficiente sobre o inmoble ou, caso de que sexan inmobles arrendados ou cedidos, contrato de arrendamento ou documento acreditativo de cesión, polo menos por 20 anos, e autorización do propietario.

Anteproxecto orzamentado ou proxecto de obras, axustado á normativa vixente e coas especificacións técnicas e arquitectónicas adecuadas aos usuarios do centro. Cando se trate de obras de menor contía (conservación e reparacións de menor contía) deberá presentarse, no seu lugar, orzamento detallado e memoria asinada polo contratista.

Informe sobre viabilidade urbanística e acreditación da posibilidade legal de obter as licenzas e permisos necesarios.

Cando o custo da obra sexa igual ou superior aos 50.000 euros, deberán achegarse como mínimo tres ofertas distintas. Debe xustificarse a elección dunha delas.

No suposto de adquisición de equipamento, orzamento da casa subministradora, con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar.

Cando o custo do equipamento sexa igual ou superior aos 18.000 euros, deberán achegarse como mínimo tres ofertas distintas. Debe xustificarse a elección dunha delas.

No caso de que o programa presentado supoña dispoñibilidade de novas prazas, deberá documentarse: a fórmula prevista para o financiamento destas prazas ou, se for o caso, para o seu mantemento, así como os criterios sociais que se van aplicar para a selección das persoas usuarias e o réxime de achega económica polos servizos que se vaian recibir.

B. Tipoloxía orientativa dos colectivos destinatarios dos programas.

– Persoas inmigrantes.

– Persoas con discapacidade.

– Persoas maiores.

– Persoas reclusas, exreclusas.

– Pobo xitano.

– Xuventude.

– Voluntariado.

– Infancia-familia.

– Inclusión social.

– Urxencia.

– Outros (especificaraos a entidade solicitante).

missing image file
missing image file
missing image file