Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 8 de setembro de 2017, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 108 e 110 do polígono 6 do termo municipal de Arzúa.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña autorizou, mediante a Resolución do 8 de setembro de 2017, o cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 108 e 110 do polígono 6, do termo municipal de Arzúa. O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 29.9.2016. O anuncio foi publicado no DOG núm. 203, do 25 de outubro.

A Coruña, 13 de setembro de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña