Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 14 de setembro de 2017 pola que se notifica o Acordo do 1 de xuño de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 1, sito en Ribadavia, relativo ao proxecto 01629 (expediente 2016/001057).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Juan García Chousal o Acordo do 1 de xuño de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 1, sito en Ribadavia, relativo ao proxecto 01629 (expediente 2016/001057), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01629-LMT, CT, RBT San Lázaro. Exp. IN407A 2013/76-3 AT. Tm Ribadavia.

Nº de expediente: 2016/001057.

Persoa que se vai a notificar: Juan García Chousal.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Ourense.

Expropiado: Juan García Chousal.

Beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Predio nº: 1.

Concello: Ribadavia.

Provincia: Ourense.

Valoración da resolución do xurado: 2.281,73 €.