Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 14 de setembro de 2017 pola que se notifica o Acordo do 29 de xuño de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 1, sito no Barco de Valdeorras, relativo ao proxecto 01642 (expediente 2017/000146).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Siro Vega Rodríguez o Acordo do 29 de xuño de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 1, sito no Barco de Valdeorras, relativo ao proxecto 01642 (expediente 2017/000146), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01642-LMT DC BDV705-BDV806. Exp. IN407A 2015/68-3 AT. Tm O Barco de Valdeorras.

Nº de expediente: 2017/000146.

Persoa que se vai a notificar: Siro Vega Rodríguez.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Ourense.

Expropiado: Siro Vega Rodríguez e irmáns.

Beneficiario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Predio nº: 1.

Concello: O Barco de Valdeorras.

Provincia: Ourense.

Valoración da resolución do xurado: 15,75 €.