Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (418/2017).

Procedemento ordinario (PO) 418/2017

Sobre: ordinario

Demandante: María Belén del Oro Cores

Graduado social: Juan Alberto Campos Couso

Demandados: Luis Miguélez Vázquez, Fogasa, Hermanos Miguélez, C.B., María del Rocío Mollinedo Casas

Avogados: (...), letrado de Fogasa (...), (...)

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de María Belén del Oro Cores contra Luis Miguélez Vázquez, Fogasa, Hermanos Miguélez, C.B., María del Rocío Mollinedo Casas, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 418/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Luis Miguélez Vázquez, María Belén del Oro Cores, Hermanos Miguélez, C.B., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 8 de marzo de 2018 ás 11.05 horas na planta baixa, sala 6, Edificio de Xulgados, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Luis Miguélez Vázquez, María Belén del Oro Cores, Hermanos Miguélez, C.B., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 12 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza