Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46915

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (402/2016).

Peza: RPL recurso de apelación (LACN) 402/2016

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra

Procedemento de orixe: execución hipotecaria 371/2013

Recorrente: Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A.

Procurador: Rafael Barrios Pérez

Avogado: Guillermo Velasco Menéndez-Morán

Recorridos: Ashok Alejandro Punjabi Díaz, Marcela Leandra Monzón

Na presente peza de apelación civil 402/2016, dimanante da execución hipotecaria 371/2013 do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, seguida por instancia de Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A. fronte a Ashok Alejandro Punjabi Díaz e Marcela Leandra Monzón, ditouse auto cuxo teor literal é o seguinte:

«Maxistrados:

Francisco Javier Menéndez Estébanez.

Manuel Almenar Belenguer.

María Begoña Rodríguez González.

Auto número 84.

Pontevedra, 9 de marzo de 2017.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, con data do 7 de marzo de 2016, ditou auto cuxa parte dispositiva expresa:

“Acórdase declarar a nulidade por abusiva da cláusula sexta, letra B, de vencemento anticipado da escritura pública de préstamo con garantía hipotecaria, outorgada en data 7 de maio de 2009, ante o notario Sr. Mucientes Silva e, en consecuencia, ordenar o sobresemento da execución.

Cada parte deberá aboar as custas causadas pola súa instancia, sendo as comúns por metade”.

Segundo. Unha vez que Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A. notificou a dita resolución ás partes, formulouse recurso de apelación, o cal foi admitido en ambos os dous efectos, e eleváronse as actuacións a esta sala para resolver este recurso.

Designouse relatora a maxistrada María Begoña Rodríguez González, quen expresa o parecer da sala.

Terceiro. Na tramitación desta instancia seguíronse as prescricións e termos legais.

Seguen fundamentos de dereito.

A sala acorda:

Que debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A., representada polo procurador Rafael Barrios Pérez contra o Auto do 7 de marzo de 2016, ditado polo Xulgado de Primeira Instancia 4 de Pontevedra no proceso de execución hipotecaria número 371/2013, e confirmamos esta, sen especial imposición de custas.

Así o acorda a sala e o pronuncian, mandan e asinan os maxistrados expresados na marxe. Dou fe.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E encontrándose os apelados Ashok Alejandro Punjabi Díaz e Marcela Leandra Monzón en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente, co fin que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 14 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza