Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46917

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño

EDICTO (86/2016).

José Luis Rodríguez Jácome, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño, por medio do presente

Anuncio:

No procedemento declarativo número 86/2016 seguido ante o Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Carballiño ditouse sentenza con data 18 de xullo de 2017.

Conforme o sinalado na Lei de axuizamento civil no artigo 497 e no xeito establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, fíxase para os efectos de notificación o presente edicto no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

E para que teña efectos de notificación da sentenza á demandada María del Carmen Francisco Pérez, en ignorado paradeiro, publícase este edicto, facendo saber que contra a resolución, cuxo texto íntegro poderá consultar o interesado na sección civil deste xulgado, pode interporse recurso de apelación no prazo de 20 días.

O Carballiño, 4 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza